OBRADOIROS PREVENCIÓN VIOLENCIA SEXUAL NOS CENTROS EDUCATIVOS DA ESO

dav

Na mañá de onte a Conceillera Amalia Goldar e o persoal do Centro de Información ás Mulleres presentaron, acompañadas por responsables de cada centro educativo, os obradoiros subvencionados polo Pacto de Estado contra a viooencia de xénero.

 

O Concello da Estrada a través da Secretaría Xeral da Igualdade recibiu unha subvención cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o desenvolvento dun do Programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.

 

Ao abeiro deste Programa, e tal e como establecen as propias bases da convocatoria,  poden realizarse actividades dirixidas á poboación infantil e xuvenil para favorecer a coeducación e a promoción da igualdade de oportunidades que fomenten a desaparición dos roles e estereotipos de xénero, a violencia sexual ou o uso adecuado e crítico da internet e das novas tecnoloxías, no ámbito educativo en colaboración cos centros educativos do concello.

 

Desde O Centro de Información ás mulleres consideraron necesario realizar unha campaña de sensibilización sobre a violencia sexual que desenvolverase durante todo o mes de novembro  nos catro centros educativos de secundaria da localidade: Manuel García Barros, Antón Losada Diéguez, Nº 1 e Nosa señora de Lourdes.

 

Estes obradoiros consisten na impartición de 3 sesións en cada grupo de cada curso, desde 1º ata 4º da ESO, incluiránse tamén os 5 grupos dos cursos de FP Básica do Centro Antón Losada Diéguez.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta