Cativos e maiores da Estrada comparten unha xornada de actividades interxeneracionais

Os usuarios do Centro de día de persoas maiores da Estrada recibiron onte a visita dun grupo de cativos da Escola Infantil Municipal da Estrada, de entre dous e tres anos, cos que compartiron unha xornada de actividades interxeneracionais.  

Durante a xornada as crianzas interactuaron cos maiores amosando unha gran empatía e curiosidade. O primeiro agasallo veu da súa parte cunha alegre cancións que fixo as delicidas de todos os assistentes. Esta xuntanza concretouse na ‘Árbore da vida’, onde cativos e maiores estamparon as súas mans representando o nacemento que empeza polas raíces, a vida que vai crecendo, que é o tronco e as ramas que simbolizan as interacións entre ambas etapas vitais.

A coordinadora do Centro de día da Estrada, Sonia Castro, explicou que esta iniciativa “permite poñer en relación persoas de diferentes idades coa vontade de incrementar os seus vínculos e o seu coñecemento mutuo”. Ademais as persoas maiores “experimentan un aumento da súa vitalidade e autoestima”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta