O PSOE CRITICA QUE O GOBERNO “ESQUECERA” QUE TIÑA FONDOS DA DEPUTACIÓN PARA AS ACTUACIÓNS NAS ESCOLAS UNITARIAS

O PSOE da Estrada critica que o goberno non execute
con axilidade os investimentos do Plan Concellos da Deputación de
Pontevedra, “A deputación é a única administración que realmente inviste
na Estrada, e en novembro de 2019 estanse a rematar as obras do Plan
Concellos de 2017”, dixo López Bueno.
O voceiro socialista indicou que “As actuacións que se están a facer nestas
semanas nas escolas unitarias veñen financiadas pola Deputación. Para ser
totalmente eficaces, esas obras deberían estar xa executadas no 2017, e o
máis grave dos retrasos é que os veciños e veciñas non poden gozar das
melloras nas instalacións ata que estas se realizan”.
Os socialistas achácanlle a tardanza á “improvisación” que se fai dende o
Goberno. “Non existe un plan para saber a que obras se deben destinar os
fondos, e polo tanto non teñen unha idea clara de cales son as necesidades
reais dos veciños e veciñas. Debería existir unha axenda de infraestruturas
e un plan de mantemento para evitar o deterioro das que xa temos. Cunha
atención axeitada rematarían os problemas de humidades, problemas cos
baños, problemas de goteiras…”.
Ademais, López Bueno manifestou que “En 2019 a Deputación de
Pontevedra puxo máis de 1.650.000 euros en investimentos para A Estrada,
mentres que López Campos levou a investimentos a ridícula cifra de
180.000 euros. A realidade é que a Deputación destina para A Estrada máis
que ningunha outra administración”.
Tamén lamentaron que “na Estrada non se fai investimento con recursos
propios do concello, os cartos dos estradenses destínanse a gastos
improdutivos que en moitos casos, non se chegan a executar”, e sentenciou
“neste concello a Deputación paga practicamente todas as obras”

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta