A II EDICIÓN DO PROGRAMA SABOREA ATERRIZA NO NOVO MERCADO ESTRADENSE

As concellerías de Promoción Económica e de  Desenvolvemento Rural lanzan a segunda edición do programa Saborea A Estrada, que busca potenciar á vez o  Novo Mercado e o produto de proximidade.

Mañá mércores 27, preto dun centenar de alumnos/as de quinto e sexto curso dos colexios citados elaborarán as súas propias receitadas —previamente escollerán entre todas as propostas unha por clase—. Para facelo, primeiro percorrerán o mercado en busca da mellor materia prima e logo, por quendas, seguirán as indicacións do restaurador Iván Méndez e os consellos sobre nutrición de Clara Torres e Máximo  Gioiello.

sábado 30 Saborea A Estrada culminará cunha xornada de portas abertas. Desde as 11.00 a cociñeira Tere Rico elaborará tapas doces e salgadas para todas as persos asistentes. Ás 13.00 o evento clausurarase coa elaboración a cargo de coñecidos cociñeiros galegos de receitas especiais que todos os presentes poderán degustar acompañadas de sidra estradense.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta