Á VENDA AS ENTRADAS DE QUICO CADAVAL E A PRINCESA BRANCAFLOR

Xa están á venda as entradas para os espectáculos desta fin de semana no Teatro Principal. Por unha banda, o sábado ás 12.30 h, Fran Rei da compañía Os sete magníficos máis un porá en escena o contacontos A princesa Brancaflor, un espectáculo para nenos maiores de 3 anos para o que só se habilitará un aforo de 80 localidades.

 

O domingo ás 20.00 h tomará o relevo un dos grandes da escena galega. Quico Cadaval presenta na Estrada o seu novo espectáculo Vacas, guerras, porcos e cregos. Un espectáculo no que Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, un home bo coa familia, pacífico e bo veciño. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Pero observando o seu entorno próximo, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosas.

 

As entradas a un custo de 3 e 5 euros, respectivamente, poderán mercarse no Departamento de Cultura do Concello ou no despacho de billetes do propio Teatro Principal.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta