CHARLA INFORMATIVA SOBRE DANO CEREBRAL EN RIOBÓ (A ESTRADA)

Mañá mércores, 27 de novembroSarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela) organiza na parroquia de Riobó ás 20:00 h. e que está destinada á poboación xeral. O encontro será na Casa Escola de Riobó (Lugar da Mota – A Estrada) e nel falarase das causas principais do Dano Cerebral Adquirido (ictus, traumatismos etc) así como se darán consellos de prevención e pautas sobre os coidados e atención das persoas con esta discapacidade. Laura Segade, traballadora social en Sarela, será a persoa encargada de dar a charla e solucionar as dúbidas que as persoas que asistan poidan ter.

 

Sarela organiza estes encontros nos 46 concellos que forman a área sanitaria de Compostela-Barbanza e con eles quere concienciar á poboación sobre a que é a primeira causa de discapacidade e dependencia no noso país, e aportar información de utilidade para aquelas persoas que teñan no seu entorno a unha persoa con DCA. Sarela ten detectado desde hai moito tempo que en xeral, e por motivos complexos, existe bastante descoñecemento do dano cerebral como discapacidade e, derivado disto, das necesidades de atención especializada que teñen estas persoas e dos recursos que para a mesma existen na actualidade.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta