MOTOR CLASSIC E A FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANIA, COLOFÓN DO CALENDARIO FEIRAL 2019 DO RECINTO ESTRADENSE.

Os vindeiros días 14 e 15 de decembro, o recinto feIral
estradense, celebra unha nova edición de Motor Classic. A mostra
complementaráse coa 60ª Feira de Antigüidades e Artesanía.
• O certame contará con dous pavillóns de exposición de
vehículos clásicos (motos, coches e bicicletas), outro cun mercadillo
de pezas, recambios, accesorios e complementos varios do motor e
un con antigüidades e artesanía.
• Habilitaráse parking gratuito dentro do propio recinto para os
que asistan nos seus vehículos clásicos.
• Mais dun centenar firmas presentes, distribuidas ao longo
de catro pavillóns, cunha superficie expositiva de 7.400 m2.
• Entre os asistentes ao certame, realizaránse diversos sorteos
patrocinados polo “Asador de Leo” e a “Asociación Rapa das Bestas
de Sabucedo”
Actualmente, o recinto feiral estradense, atópase inmerso no último
dos certames do seu calendario feiral 2019. Trátase dunha doble
mostra: 7º Salón Motor Classic e 60ª Feira de Antigüidades e
Artesanía.
Os días catorce e quince de decembro, o mundo do motor ten
unha cita no recinto feiral estradense, con numerosas firmas
relacionadas co sector do recambio, accesorios e complementos
varios, destinados específicamente a vehículos clásicos e históricos.
Pola súa banda, o recinto contará igualmente coa tradicional mostra
de antigüidades e artesanía, contando con medio centenar de
anticuarios e artesans de toda Galiza e de Portugal.
O certame, ocupará un espazo expositivo de mais de 7.400 m2,
distribuidos ao longo de catro pavillóns, contando igualmente, dentro
do propio recinto, cunha zona especialmente habilitada para que os
visitantes que asistan á mostra nos seus vehículos clásicos poidan
aparcalos cómoda e gratuitamente.
Motor Classic, estas últimas edicións, está contando con grande
aceptación entre visitantes e participantes. O mercadillo de pezas e
recambios desperta grande interese, contando con preto dunha
vintena de firmas presentes.

7º SALÓN MOTOR CLASSIC/60ª FEIRA DE
ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA
(14-15 Decembro 2019)
Pola súa banda, varias Asociacións, clubes e particulares,
participarán na sección de exposición de clásicos que ocupará un
total de dous pavillóns e espazo exterior para autobuses, etc…
Motor Classic, contará co respaldo da tradicional e consolidada Feira
de Antigüidades e Artesanía que xa vai pola sesenta edición, sendo
un referente consolidado do sector e do calendario feiral dos recintos
da nosa Comunidade Autónoma.
Medio centenar de anticuarios e artesans, incrementarán e darán
cobertura a Motor Classic 2019. Os anticuarios galegos e
portugueses, unha vez máis, vólcanse coa mostra que igualmente é
secundada por outras firmas procedentes do resto do estado.
Almoneda, numismática, decoración, iluminación, porcelana, libros
antigüos, mobiliario, apeiros de labranza, pezas textís, escultura,
etc… serán algún dos productos estrela da mostra de antigüidades.
A artesanía pola súa banda, tamén contará cunha representación de
firmas de procedencia fundamentalmente autonómica.
O recinto feiral, abrirá en horario ininterrumpido de dez a vinte horas,
amosando variedade de productos, así como, de pezas, recambios e
accesorios do motor e unha nutrida área expositiva de vehículos de
incalculable valor. As coleccións privadas de vehículos clásicos e
históricos, farán as delicias dos visitantes máis esixentes.
Os días 14 e 15 de decembro, máis dun centenar de firmas
expositoras, asociacións, clubes e particulares, sorprenderán e
tratarán de captar o interese dos visitantes que se acheguen ao
recinto feiral estradense. Con esta doble mostra, o recinto feiral
estradense pechará o seu calendario de promoción económica 2019.

Compárteo!

Deja un comentario