Primeira edición do mercado de nadal A Estrada

O Concello informa de que, con motivo das festas de nadal, instalarase un Mercadiño de Nadal no Novo Mercado que funcionará os días 20,21,23 e 24 de decembro.

O mercadiño estará decorado con motivos propios do nadal e incluirá a venda de produtos relacionados con estas festas, como artigos decorativos, doces típicos e agasallos. Serán un total de 16 postos e, a maiores, haberá unha ludoteca infantil onde os máis cativos poderán xogar mentres os adultos visitan os distintos postos.

Os mercadiños de nadal son unha actividade que se celebra dende moi antigo en moitas cidades europeas converténdose nun importante foco de atracción de público. Un fluxo de xente que se estende polo resto das rúas do municipio e que supón un importante incentivo, xunto coa pista de xeo e a programación cultural de nadal, para o comercio e a hostalaría local.

Ademais o mercado terá unha vertente ecolóxica e sostible, posto que boa parte dos artigos de decoración que se exporán, están realizados con materiales de refugallo e reciclaxe. Algúns dos produtos gastronómicos tamén se elaborarán con ingredientes de agricultura ecolóxica.

Todos aqueles artesáns, produtores e creadores de artigos interesados en ocupar un stand neste Mercado de Nadal deberá dirixirse ao número 630 650 415. O Concello porá algúns postos a disposición do comercio local estradense por se algún artesán desexa estar presente nesta convocatoria.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta