Obradoiro de confección de coroas de nadal

Con motivo das festas de Nadal, o Concello da Estrada presenta unha iniciativa relacionada coa ambientación festiva do Nadal no fogar. Trátase dun obradoiro  de confección de coroas de nadal que terá lugar o martes 17 e o xoves 19 de  decembro de 18.00 h a 20.00 h na sala Abanca.

O obradoiro recolle elementos da tradición dos pobos celtas, baseados no respecto e o seguimento dos ciclos naturais do ano que os levaban a celebrar o solsticio de inverno ao redor do 24 de decembro. Esta tradición conlevaba o adorno das portas das súas vivendas con hedra e grilandas de acivro verdes e vermellas.

O obradoiro, impartido por unha decoradora florista será gratuíto e todos os materiais empregados correrán por conta da organización. Todos os interesados poden anotarse no teléfono de Cultura 986 573 601.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta