O Festival de cine de terror PANIC convoca os seus concursos de curtas e fotos de terror

Con motivo do inicio do Festival de cine de terror Panic o próximo 17 de
xaneiro, o Concello da Estrada convoca os concursos de curtametraxes e
fotografía de terror Panic cun prazo de entrega de orixinais que finalizará o
31 de xaneiro.
O concurso de curtametraxes, que contará cun premio de 300,00€, esixe que
os traballos teñan unha duración inferior aos 15 min de duración, unha
temática baseada no terror ou no misterio e que estean realizados en lingua
galega.
Pola súa banda, o concurso de fotografía conta con dúas modalidades. A
primeira dirixida ao alumnado dos IES e unha segunda aberta a todo o
público. Os premios destinados a ambas as dúas modalidades é de 150,00€
e pode participar cada concursante cun máximo de tres fotografías. Tamén
deberán estar tematizadas no ámbito do terror e do misterio.
Todos os interesados en participar nalgún dos dous certames poderán
consultar as bases dos concursos nas web www.panic.aestrada.com e
www.aestrada.org que estarán dispoñibles a partir do mércores 11 de
decembro.
As fotografías e curtas finalistas serán visionadas en pantalla grande durante
a Gala final do festival que terá lugar o 7 de febreiro ás 23.30 h en Minicines
Central, gala na que se lle entregará o premio á curta e ás fotografías
gañadoras de cada modalidade.
Nos primeiros días do mes de xaneiro presentarase a programación
completa da nova edición do festival.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta