O PSOE LAMENTA A SITUACIÓN DA BANDA MUNICIPAL E ESÍXELLE AO GOBERNO UNHA MEDIACIÓN EFECTIVA

O PSOE lamentouse da situación da Banda Municipal ao fío
dos problemas entre os músicos e o Director da propia Banda. Luis López
Bueno calificou de “inadmisible” a situación actual, “estamos moi
preocupados, cómpre atopar unha solución para evitar a deserción de
músicos e o dano ao bo nome da nosa Banda Municipal” afirmou.
O voceiro socialista confirmou que “este problema arrástrase dende hai
tempo, non se trata dun problema puntual que estourase agora. Hai meses
que se veñen dando tensións entre os músicos e o Director”. Tamén aludiu
a que “coñecemos que o goberno se contactou coas partes, pero esas
reunións non están a dar froitos. Mentres tanto, a situación continúa a
deteriorarse e non debemos permitir que se chegue a un punto que non
permita reconducila”.
Valorou que “estamos a seguir este asunto con interese e estamos en
contacto tanto con persoas relacionadas coa Banda como co goberno.
Sinceramente, é unha mágoa que se deixase chegar a situación ata este
punto, debíase ter atallado antes”.
López Bueno aludiu a que “contamos cunha Banda de Música con 150 anos
de historia, e quizais estemos presenciando a situación máis crítica que
padeceu en todos eses anos. Non se pode consentir un ambiente así porque
iso é moi negativo para todo o talento musical que producimos na Estrada.
Os nosos músicos deben ter unha saída de calidade na Banda Municipal e
ademais temos varios exemplos de éxito internacional dos músicos que
formamos na Estrada”.
Os socialistas pídenlle ao goberno “unha mediación efectiva que permita
poñerlle fin a estes problemas”, e reclámanlle “altura de miras, xa que
estamos a falar dunha entidade moi vencellada ao noso Concello e que leva
o nome da Estrada alá a onde vai”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta