A Estrada acollerá do 17 de xaneiro ao 7 de febreiro a sétima edición do Festival de Cine de Terror

O Festival de Cine de Terror da Estrada levantará o telón da súa sétima edición o 17 de xaneiro e incluirá cine, presentacións literarias, xogos de rol, concursos e temas relacionados co terror.
O programa do evento, que este ano non contén a tradicional procesión da Santa Compaña, durará ata o 7 de febreiro, cando terá lugar a gala final, na que se entregarán os premios dos concursos fotográficos e das curtas de terror.
O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, e o colaborador Pedro Pérez, presentaron onte a programación deste festival, que conta coa colaboración dos Minicines Central, onde se proxectarán as películas 'Cadáver' (día 17, ás 24.00 horas), 'Zombieland: mata e remata' (18 de xaneiro ás 13:30), 'Inferno baixo a auga' (18:00 a 16:00), 'Reanimator' (sábado 18 ás 17:30 horas), 'Harp' (31 de xaneiro ás 23.45), 'Ghostland' (31 ás 24.00) e 'One cut of the dead' (venres 7 de febreiro ás 24.00). A entrada será de balde.
Doutra banda, o Teatro Principal recibirá o 24 de xaneiro, ás 21:00 horas, a visita do escritor Manel Loureiro, que presentará "Como escribir unha historia de terror sen morrer no intento".
O 31, ás 20.30 horas, a Praza do Concello será o punto de partida para un terrorífico xogo de rol, mentres que o 7 de febreiro haberá unha actividade para grupos no Teatro Principal, ás 19.30 horas.

Compárteo!

Deja un comentario