Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo hoxe un encontro co rexedor, José López Campos

A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS INFORMA AO ALCALDE DA ESTRADA DO AVANCE NOS TRABALLOS PARA IMPULSAR CONXUNTAMENTE DOUS PRIMEIROS TREITOS DA PROLONGACIÓN DA AUTOVÍA AG-59

 

–     Trátase dun total de 7,5 quilómetros de vía de altas prestacións libres de peaxe, entre A Ramallosa e o enlace coa PO-841

–   A Xunta activou xa o pago de 1,3 millóns de euros de expropiacións do primeiro dos treitos e iniciará a tramitación das do segundo

–    A Axencia Galega de Infraestruturas está a traballar na redacción dos proxectos construtivos, que serán sometidos a información pública

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta