A Estrada concentrará as actividades fortes do Entroido o martes 25, festivo local

O Goberno local fará cambios na programación do Entroido deste ano. Así o Sinalou onte a concelleira de Mocidade e Colaboración en Materia de Actividades Culturais, Lucía Seoane, que se reuniu onte con distintas asociacións da vila para concretar algúns aspectos da programación.

“Como este ano o martes de Entroido é festivo na Estrada imos a intentar meter nese día o máximo de actividades”, subliñou Seoane. Así, o tradicional concurso de disfraces e desfile polas rúas do municipio, que se celebraba ata agora o luns, este ano englobaranse nas actividades do martse, “co desfile das parroquias e os xenerais”.

Con todo, o sábado haberá un baile infantil no restaurante Samaná, “con xogos e merenda”, dixo; o domingo, na Residencia de Maiores celebrarase un baile de disfraces “tamén con merenda”; e as actividades do luns están todavía pendentes de confirmar.

 

 

Compárteo!

Deja una respuesta