O PSOE “PREOCUPADO” POLA DESTRUCIÓN DE EMPREGO NA ESTRADA

O PSOE valora como “negativos” os datos de afiliación á
Seguridade Social que ofreceu o pasado mércores o Ministerio de Traballo,
Migracións e Seguridade Social. López Bueno explicou que “os datos de
afiliación non son interpretables, demostran se A Estrada crea ou destrúe
emprego. Tristemente, no 2019 houbo baixa significativa na afiliación, 189
traballadores menos. Nós preferimos valorar estes datos porque non son
interpretables, o descenso do paro rexistrado pode vir dado pola baixa de
demandantes nas listas, pero pola natureza do rexistro, iso non quere dicir
que exista máis traballo”.
Valorou o dato como “nefasto. Remata unha tendencia que se viña dando
nos últimos 3 anos, e iso é perigoso polo comportamento do mercado
laboral, que adoita ser cíclico e en consonancia coa evolución económica
xeral. A non ser que o escenario cambie radicalmente, cabe esperar datos
semellantes nos vindeiros anos”.
O voceiro socialista tamén afirmou que “A Estrada ten hoxe 240
traballadores menos que hai unha década” e explicou como se comportou o
emprego na Estrada durante ese tempo “durante os anos máis duros da
crise destruíuse un notable número de empregos. Cos “brotes verdes”
estabilizouse a situación e tivemos catro anos de crecemento, pero no 2019
rachouse a tendencia dunha maneira moi acusada, é para preocuparse”.
Respecto dos traballadores por conta allea, o socialista aseverou que “é o
grupo que impulsa claramente a destrución de emprego, 144 traballadores
dos 189 traballadores eran persoas cun contrato de traballo. Isto reafirma a
nosa percepción de que o noso músculo empresarial decrece. Ademais.
carecemos dun Departamento de Promoción Económica ben dirixido, e o
goberno municipal non ofrece respostas para as empresas”.
Os autónomos tamén sufriron neste 2019 e López Bueno afirma que “non só
se trata dunha crise do comercio (que tamén), pero existen multitude de
autónomos con outras actividades. No 2019 A Estrada perdeu 28
autónomos, e dende 2010 xa son 348 menos. Aquí vívese un goteo de
baixas que non cesa, eles son un grupo importantísimo para a dinamización
da economía local”.
Tamén criticou que “no 2019 non se solicitou a tempo a última convocatoria
do obradoiro de emprego, vendo estes datos, estaría ben que o alcalde
explicara a súa suposta renuncia á axuda. Os veciños e veciñas merecen un
goberno atento ás súas necesidades, e a creación de postos de traballo é
unha delas. Pódese informar sobre as axudas á contratación que ofrecen as
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
administracións, reforzar as políticas activas de emprego para mellorar a
empregabilidade dos demandantes estradenses, ofrecer unha política de
solo industrial que permita que medren as nosas empresas e que se
asenten outras novas, ofrecer unha bolsa de baixos comerciais que intente
diminuír o prezo dos alugueiros…, dende o PSOE facemos moreas de
propostas, pero o goberno municipal non parece ver a realidade á que nos
está levando”.
O voceiro do grupo municipal socialista entende que “o goberno debe ter
unha estratexia definida respecto dos empresarios e os autónomos. Existen
multitude de formas de fomentar a economía do noso concello empregando
as ferramentas da política municipal, non hai por que soportar a un goberno
que non ten ningún plan para a nosa economía”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta