Pepo Suevos e Marcos Pereiro abrirán a programación cultural de primavera na Estrada

Será o vindeiro domingo 16 de febreiro. O Teatro Principal acollerá a visita de dous
dos cómicos máis populares da escena galega.
Pepo Suevos é coñecido, ademais de pola súa faceta como contacontos, como actor
en moitas das series máis coñecidas da TVG como Terra de Miranda, As leis de
Celavella ou Rías Baixas. Tamén participou en series como Fariña e Land Rober e en
películas como Entre bateas, Pradolongo ou A Esmorga.
Marcos Pereiro, pola súa banda, é un actor e humorista galego ben coñecido por
todos. Xunto co cómico Xosé Antonio Touriñán integrou o mítico dúo de cantareiras
Nucha e Mucha, participou en programas da TVG como Terra de Miranda ou Era
visto e tamén presentou o programa Buscando Ardebullo.
Esta actuación na Estrada pechará a xira que Pepo Suevos está a facer por toda
Galicia. As entradas poderán mercarse, a un prezo de 6,00€, na delegación de Cultura
do Concello da Estrada ou na Tapería O Lar sita na Praza da Feira, a partir do
vindeiro luns día 20.

Compárteo!

Deja una respuesta