O PSOE ESIXE QUE SE ATENDA A REIVINDICACIÓN DE MÁIS PERSOAL MÉDICO PARA O SERVIZO DE URXENCIAS DO CENTRO DE SAÚDE

O PSOE esixe que se atenda a reivindicación de máis
persoal médico de urxencias no Centro de Saúde da Estrada. Luis López
Bueno analiza que “a falta de persoal no centro médico é un feito que
comparten os profesionais. Precisamos máis persoal en xeral, pero o caso
das urxencias merece unha especial atención pola natureza do servizo que
prestan. É un asunto que xa denunciamos en multitude de ocasións, e
calquera día pode volver a haber consecuencias graves”.
O concelleiro socialista recorda que “non é unha reivindicación nova, xa
denunciamos en multitude de ocasións a falta de persoal. As urxencias
quedaron sen médico en varias ocasións, tanto de día como de noite, e
mentres iso continúa acontecendo, nin o goberno municipal nin a
Consellería de Sanidade tomaron ningunha medida ao respecto. A situación
é a mesma e calquera día pode volver a haber consecuencias graves”.
O voceiro socialista considera que “a Xunta de Galicia atópase dende hai
uns meses nunha posición moi feble, dá marcha atrás nas súas decisións
pola presión social, como é o caso do paridoiro de Verín. Esta situación de
debilidade constitúe unha oportunidade histórica de conseguir ese novo
facultativo, e López Campos non é capaz de facerse valer diante da
administración autonómica”.
López Bueno di que “non se trata de pedir imposibles, se non que é unha
demanda que ten un cumprimento moi sinxelo” pero remarca que “hai que
ter a vontade política de tomar a decisión”.
Opina que “o goberno do PP na Xunta debería atender as reivindicacións da
corporación, e neste asunto deberiamos ter un acordo sen excepcións. A
Xunta débenos ese facultativo para que o servizo se preste con garantías,
xa que agora mesmo o servizo non está garantido”.
Insistiu na necesidade de que o goberno municipal se faga valer, “xa que o
PP está a gobernar na Xunta e tamén na Estrada, que é ademais un dos
poucos concellos grandes que nos que manteñen o goberno. Por iso
consideramos que López Campos debería conseguir ese facultativo”.
O concelleiro socialista remarca que “é inaceptable que un paciente chegue
a urxencias e non haxa un médico para atendelo. É inaudito que calquera
persoa cun problema de saúde chegue ao centro médico e teña que dar
volta pola falta de doutores. Os veciños e veciñas pagan impostos para
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
soster o sistema público de sanidade, e as administracións deben responder
ao esforzo que facemos todos”.
López Bueno considera que “A Estrada está esquecida pola Consellería de
Sanidade, temos un edificio novo que non mellorará a atención, e a Xunta
debe recordar que a sanidade é, en primeiro lugar, os profesionais que a
fan posible. Son os doutores e doutoras, enfermeiros e enfermeiras e
demais profesionais, os que permiten que calquera persoa poida ter unha
solución aos seus problemas de saúde”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta