O PSOE PIDE RESPONSABILIDADE PARA ENFRONTAR O CORONAVIRUS E PONSE A DISPOSICIÓN PARA FACER O QUE ESTEA DA SÚA MAN

 

“É unha situación excepcional e hai que seguir as recomendacións
dos profesionais. Debemos tomalas con naturalidade” di López
Bueno.

O PSOE apoia as medidas tomadas polo goberno municipal
contra o coronavirus. López Bueno indicou que “tivemos conversas co
alcalde para achegar as nosas suxestións, e coincidimos en que debemos
seguir as indicacións dos profesionais”.
O voceiro socialista valorou que “as restricións de atención ao público son
lóxicas, pola saúde do persoal do concello como dos veciños e veciñas. As
recomendacións piden evitar ao máximo os contactos, e estes poden
evitarse”.
López Bueno tamén indicou que “propuxemos a elaboración dun Bando con
recomendacións de cara a prevención dos contaxios e que recorden cal é o
protocolo en caso de ter síntomas, para evitar o colapso dos centros
médicos e dos hospitais. É importantísimo manter a capacidade de resposta
do noso sistema de saúde público, e iso pasa polo control dos contaxios”.
Sobre a resposta dos profesionais opinou que “están a pelexar cos recursos
dispoñibles. Oxalá houbera máis medios. O pasado mes de febreiro
manifestouse SOS sanidade pública xunto con moitos outros colectivos, e
agora é onde se ve a necesidade dos recursos en sanidade”. Estendeulle os
seus parabéns “tanto aos profesionais sanitarios como ao persoal de
emerxencias, protección civil, policías locais e outros corpos que miran pola
nosa seguridade nestes momentos”.
Tamén valorou “moi positivamente” que algúns negocios da vila decidisen
pechar “por responsabilidade, incluso antes do anuncio da Xunta de Galicia.
Di moito do noso comercio e da sociedade estradense en xeral. Xa o
tivemos que demostrar o noso civismo en outros episodios de crise, e nesta
ocasión volvemos a facelo”.
O socialista recordou que “para moitas persoas mozas esta será a primeira
crise importante que pasarán nas súas vidas” e apelou á “responsabilidade”
para cortar a curva de contaxios. “Os cativos e cativas funcionan como
transmisores, igual que as persoas mozas. Debemos ter en conta este feito
para evitar ser vectores de transmisión do virus a persoas de grupos de
risco. Podemos causar grandes problemas”.
Por último, o voceiro recordou que o PSdG suspendeu todas as súas
actividades públicas, “o noso grupo municipal seguirá traballando.
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
Adaptarémonos ás circunstancias e na medida do posible, empregaremos
medios telemáticos para as reunións de traballo e as nosas comunicacións”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta