O PSOE ESIXE QUE O GOBERNO MUNICIPAL MELLORE A SÚA ATENCIÓN AO RURAL

O PSOE pídelle ao goberno que mellore a súa xestión da crise
“en especial para atender as necesidades do rural. López Bueno afirma que
“recibimos varias queixas de veciños e veciñas preocupados pola situación
de algunhas persoas maiores”.
O voceiro socialista destaca que “O goberno non se está ocupando de
chamar a eses maiores que viven sós, e polo tanto non sabe se existen ou
non necesidades, e se están cubertas. Estase apelando á solidariedade
entre veciños, que está ben, pero é necesario manexar todos os datos de
forma activa, e non agardar a que os veciños e veciñas se autoxestionen”.
Para López Bueno “é necesario chamar a todos os censados que superen a
idade de xubilación, vivan sós ou co seu cónxuxe, e tamén a aqueles dos
que se teña constancia de que non teñen posibilidade de desprazarse para
aprovisionarse. O Concello debe ter coñecemento destas situacións para
poñerlles solución”.
Os socialistas apelan á importancia “dos alcaldes de barrio” á hora de
trasladar a información da que dispoñan, pero recordan que “existen unhas
medidas de confinamento que se deben respectar, e polo tanto o máis
responsable é facer as chamadas que corresponda. O Concello conta co
padrón municipal para empregalo en momentos coma este”.
Ademais tamén reclaman que “se mobilicen os medios públicos para
atender situacións de urxencia que o sector privado non pode atender
agora. Débense cumprir todas as condicións para a seguridade dos
operarios, pero hai situacións que se deben atallar sen demora como
roturas de canalizacións de auga ás vivendas e outros imprevistos que
poidan causar danos importantes”.
López Bueno tamén acusa ao Goberno de non ter en conta as propostas da
oposición “solicitamos a constitución dunha mesa de seguimento do Covid19, abríndolle a porta á participación telemática, pero parece que o goberno
prefire non valorar as solicitudes do resto de forzas. É curioso que o que
critica o PP en Madrid, o reproduza este goberno municipal. A oposición
debe ter foros nos que participar e facer propostas”.
Os socialistas tamén din “descoñecer” que medidas ten previsto aplicar o
goberno municipal unha vez que pase a situación de alarma. “Cando todo
isto pase, vai ser necesario un plan de estímulo para a economía local, con
atención ao comercio, empresas e familias. Ademais das medidas tomadas
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
polo Mando Único, o Concello debe tomar iniciativas que axuden a soster o
tecido produtivo nos momentos posteriores ao estado de alarma, se as
nosas empresas e familias contan tamén co apoio do Concello será máis
sinxelo saír do bache económico”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta