Nobilis Medioambiente, instalase no Viveiro de Empresas Estradense

O departamento de Emprego do Concello da Estrada INFORMA que esta semana tivo lugar  entrada dentro do Viveiro de Empresas municipal dunha nova empresa. Trátase da firma Nobilis Medioambiente adicada á realización de traballos de topografia; realización de informes técnicos e
periciais; proxectos técnicos; legalización de traídas de auga etc.
Coa entrada desta nova empresa son 8 os espazos ocupados polo momento, dos 10 dos que consta o viveiro de empresas.
Neste mes, unha das empresas viveiristas, a compañía de teatro Ibuprofeno, remataba os dous anos de ocupación do seu espazo pero estos días solicitou a prórroga por 12 meses máis.
Así mesmo, unha empresa que se adica a temas de educación con menores, mostrou no día de onte o seu interese por formar parte do noso viveiro.
A lectura destos datos é moi positiva xa que demostran que se segue a xerar actividade empresarial
na Estrada alén de que o Viveiro de Empresas é unha excepente ferramenta de apoio para os nosos emprendedores nos primeiros anos de andaína dos seus negocios.
O Viveiro de empresas ten un custe fixo mensual de 50 €, prezo que inclúe gastos de ocupación;
internet, teléfono, luz, zonas comúns e servizos de reprografía.
Ao dispoñer de dous espazos vacantes, todas aquelas persoas interesadas en formar parte do viveiro poden facer as súas solicitudes de maneira ordinaria como se viña facendo ata o de agora a partir deste luns.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta