O VERÁN QUE NECESITAS

 

VÉN DE BALDE AO CAMPAMENTO
Que tes pensado facer para estas vacacións? Queres asistir aos nosos
campamentos de verán? E que che saia de balde? Só tes que presentar a túa
solicitude de participación no sorteo das prazas por vía electrónica, na sede
electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo:
https://sede.xunta.gal
Entre os/as que vos animedes, e sempre que resultedes adxudicatarios/as dunha
praza nalgún dos campamentos, sortearemos 10 PRAZAS DE BALDE.
SORTE!!
4
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
5
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
INTRODUCIÓN
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando
en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de
voluntariado, etc. Por iso, cada ano presentamos a Campaña de verán, unha iniciativa ambiciosa que non só
é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da
vida familiar e laboral.
As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria da Covid 19 e logo de superar a etapa de confinamento, fan
máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non
formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías
de prevención e hixiene, dun espazo de ocio educativo.
Baixo o lema O verán que necesitas, a Campaña de verán de 2020 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses
de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
• Campamentos en Galicia.
• Campos de voluntariado en Galicia.
• “Minicampamentos” de 5 días en instalacións turísticas, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo
A información que se inclúe neste folleto fai referencia ás quendas dos campamentos que se realizarán
en Galicia, regulados na Orde pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán
2020 e se procede á súa convocatoria. A información está dispoñible na páxina web:
http://xuventude.xunta.es
A de 2020 será unha edición atípica da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, derivada da situación de crise
sanitaria provocada pola covid-19. Neste sentido, realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas
polas autoridades sanitarias e, sempre, baixo tres premisas:
Redución do aforo nas instalacións para garantir a distancia interpersoal entre participantes e
equipo técnico.
Reforzo do persoal monitor, que estará previamente formado e traballará con grupos de ata 15
nenos/as participantes.
Incremento das medidas hixiénico-sanitarias de carácter persoal e na propia instalación,
conforme ao protocolo visado polas autoridades sanitarias.
Medidas deprevención e adaptación
das actividades Á COVID-19
6
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
Así mesmo, as actividades adaptaranse ás medidas de prevención establecidas, garantindo a distancia interpersoal
dos nenos/as participantes e, cando isto non sexa posible, empregarase máscara.
As familias ou titores legais do neno/a participante que obteña praza nalgún campamento recibirán unha
información detallada sobre as medidas específicas que se poñerán en marcha. Así mesmo, deberán cubrir
unha declaración responsable sobre condicións de saúde e participación que estará dispoñible na páxina web
xuventude.xunta.es.
Así mesmo, e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e
a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que
presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou
polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para
persoas con discapacidade da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, cuxa información se pode
consultar en:
https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificospara-persoas-con-discapacidade-2020
APOSTA POLA INCLUSIÓN
CAMPAMENTOS
A Xunta de Galicia pon a disposición dos mozos e mozas galegos máis dunha trintena de instalacións xuvenís
en Galicia durante a época estival para levar a cabo as diferentes actividades de ocio e tempo libre.
As persoas mozas que participen nestas actividades deberán levar útiles de aseo persoal, roupa
axeitada (usada e cómoda), roupa de abrigo e chuvia, luvas, roupa deportiva, calzado forte e
cómodo, sombreiro ou gorra, roupa de baño (traxe de baño, toalla, gorro de piscina, protector solar),
calzado deportivo e aquel outro equipamento que se indique nas cartas informativas de cada
campamento.
As cartas informativas de cada campamento estarán dispoñibles na páxina web de xuventude
http://xuventude.xunta.es.
A participación na Campaña de verán 2020 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos
de dous, tres ou catro irmáns ou irmás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
• Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a
participación das mozas e mozos.
• O aloxamento nun albergue, nunha residencia ou nun campamento.
• A manutención en réxime de pensión completa.
• O material necesario para a actividade.
• Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e
actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón
da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as
súas necesidades.
• Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
Equipamento persoal necesario
7
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
QUE INCLÚE O CAMPAMENTO?
8
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada, nos termos que
se indiquen pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e de conformidade coas medidas
de prevención indicadas polas autoridades sanitarias sobre a covid-19. En todo caso, esta incorporación farase de
xeito graduado para evitar aglomeracións puntuais.
Poden solicitar praza nas actividades ofertadas as persoas mozas residentes en Galicia.
Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin
sintomatoloxía compatible ca covid-19. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades de auga,
é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade.
Ningunha persoa participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será
intransferible.
IDADES
Poden solicitar a participación nas actividades ofertadas as persoas nacidas no ano sinalado para cada actividade no
anexo I da orde reguladora.
En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2020, cómpre destacar:
• As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
• As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos no momento do inicio do campamento.
INCORPORACIÓNS AO CAMPAMENTO
QUEN PODE SOLICITAR PRAZA
PERSOAS CON DISCAPACIDADE
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo
os seguintes requisitos:
• Facer constar a súa condición no formulario de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os
precisa.
• Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda dunha terceira persoa.
• Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan
participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de
actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na web de xuventude
(http://xuventude.xunta.es).
• En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto,
o/a menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.
As persoas con discapacidade que cumpran os requisitos sinalados deben optar, de conformidade co sinalado no
apartado “Como presentar a solicitude”, por unha destas dúas vías: polo procedemento xeral ou polo procedemento
das prazas reservadas para inclusión. Quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os
procedementos.
MENORES EN SITUACIÓN DE TUTELA OU GARDA ADMINISTRATIVA
As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial
poderán participar nesta convocatoria. Deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o cadro
correspondente
9
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
A solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. As persoas menores que
convivan no domicilio en situación de acollemento familiar, tamén se poderán incluír na solicitude múltiple,
equiparándose a súa situación a dos/as irmáns/as.
Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e
actividade (mesmo código). Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os
requisitos de idade esixidos para as instalacións e quendas solicitadas.
Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha
solicitude conxunta, só o poderán facer polo procedemento xeral, para as actividades do anexo I A da orde, e en
ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.
O incumprimento por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma
solicitude.
Procedemento xeral:
As persoas que presenten unha solicitude múltiple deben empregar o formulario que se incorpora como anexo III
da orde de convocatoria, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303F).
Procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, relacionadas no
anexo I B da orde, deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (procedemento BS303H).
MÚLTIPLE
Procedemento xeral:
As persoas que presenten unha solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como
anexo II da orde de convocatoria, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303A).
Procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, relacionadas no
anexo I B da orde, deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G).
10
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
TIPOS DE SOLICITUDE
INDIVIDUAL
COMO PRESENTAR A SOLICITUDE
A solicitude pode ser individual ou múltiple.
11
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
COMO CUBRIR A SOLICITUDE
• Cada mozo/a só pode cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou
actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I (as líneas A, B) da orde reguladora.
• Os datos da persoa solicitante deben ser os do mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso das solicitudes
múltiples, deberanse cubrir os datos de todos os irmáns ou irmás que solicitan a súa participación (ata un máximo
de catro).
• As solicitudes deberanas asinar os proxenitores ou titores dos/as menores solicitantes.
• As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, polo tanto, o enderezo que se inclúa
na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.
• A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, polo que a persoa solicitante quedará fóra do
sorteo.
• A persoa interesada deberá comprobar, na páxina web http://xuventude.xunta.es/, a correcta mecanización da
súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos da
solicitude e o número de expediente asignado á persoa menor solicitante. Para ter acceso a estes deberase incluír
o número do DNI da persoa proxenitora ou titora que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI.
Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados, ou non atopan a solicitude, deben chamar a
calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como
data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido este prazo
non procederá reclamación ningunha.
• A presentación da solicitude implica a aceptación das normas do procedemento.
PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na
sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para esta presentación poderá empregarse calquera dos
mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de
usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na
normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede
electrónica da Xunta de Galicia.
No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para
garantir que a data de remisión é anterior á do peche da convocatoria.
Prazo de presentación:
O prazo de presentación das solicitudes será de sete (7) días hábiles, que se comezará a contar a partir do día seguinte
ao da publicación da orde reguladora no Diario Oficial de Galicia.
A adxudicación pode ser:
• Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
• Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas
dispoñibles. Efectuaranse dous sorteos independentes segundo o procedemento polo que se solicite (o xeral ou o de
prazas reservadas para inclusión). Neste caso, o sorteo realizarase, ante notario/a. O día concreto de realización do
sorteo anunciarase na páxina web de Xuventude, http://xuventude.xunta.es.
Mediante este sorteo, cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I da orde reguladora.
LISTA DE ESPERA
O sorteo dará lugar a unha listaxe de espera lista de agarda para cada unha das actividades. Incluirase cada participante
unicamente nunha lista de agarda para un campamento concreto, de entre as cinco opcións que solicitou. O número de
reservas en cada actividade será do 50% das prazas convocadas. Xerarase a listaxe de agarda tanto no sorteo de prazas
do procedemento xeral como no específico de prazas reservadas para inclusión.
O resultado do sorteo, coas listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda, publicarase na páxina web http://
xuventude.xunta.es a partir do día seguinte ao do sorteo.
Nesta publicación e en virtude da normativa de protección de datos persoais, as persoas admitidas virán identificadas
exclusivamente polo número de expediente asignado pola aplicación informática de xestión do procedemento.
Procederase do mesmo xeito respecto das persoas incluídas nas listas de espera.
O número de expediente asignado á persoa menor solicitante poderase consultar na páxina web http://
xuventude.xunta.es/ na ligazón dispoñible para consultar os datos da solicitude.
12
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
ADXUDICACIÓN DE PRAZA
As persoas admitidas deberán dirixir á xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia onde se vai
desenvolver a actividade a seguinte documentación:
13
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
• A xustificación do pagamento.
• Fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante. Se o/a menor non dispuxese de DNI
deberá achegarse a copia da folla correspondente do libro de familia.
• Fotocopia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.
• Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI da orde de convocatoria).
No caso de persoas con discapacidade deberá incluírse a información
actualizada que permita valorar os apoios que precisa, de ser o caso.
• Declaración responsable de que sabe nadar (nos campamentos que inclúan na
súa programación actividades de auga).
• Declaración responsable de condicións de saúde, aceptación de
condicións de participación, obrigación de información e
consentimento informado derivado da situación actual de crise
sanitaria provocada pola covid-19, conforme ao modelo que se publicará
na páxina web xuventude.xunta.es.
NO CASO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, ADEMAIS
• O certificado acreditativo do grao de discapacidade e a copia do ditame técnico facultativo emitido polo equipo de
valoración e orientación correspondente, cando se opoñan expresamente, no formulario de solicitude, á
comprobación destes datos de discapacidade ou os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade
autónoma.
O prazo para presentar a documentación é de cinco (5) días hábiles e se comezará a contar desde o día seguinte ao da
realización do sorteo.
14
o verán que necesitas | Acción de verán 2020 | Campamentos e campos de voluntariado
As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por
renunciar á praza obtida no sorteo, seranlles ofrecidas ás persoas solicitantes que figuran nas listaxes de espera
correspondentes na fase de reservas dos respectivos procedementos (xeral ou de prazas reservadas para inclusión). No
caso de que se produzan baixas, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou o servizo de xuventude
correspondente contactarán, seguindo a orde da listaxe, coas persoas da lista de espera, mediante chamada telefónica
ao número indicado na solicitude.
Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e 14.00 h, que quedarán rexistradas para a súa constancia. De non contactar
coa persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase á seguinte na listaxe de espera.
Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida, deberán presentar a documentación sinalada no artigo
8 da orde reguladora nun prazo de 2 días hábiles.
No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado, a praza será ofertada á seguinte persoa da
listaxe de espera.
A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web de xuventude, http://xuventude.xunta.es.
As persoas beneficiarias das prazas están obrigadas a:
• Incorporarse á actividade e a regresar polos medios e nos prazos establecidos.
• Non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade .

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta