AÍNDA QUEDAN ENTRADAS PARA O PRIMEIRO PASE DE LUAR NA LUBRE

Despois de terse despachado todas as entradas para o segundo pase de Luar da Lubre, séguense repartindo a bo ritmo as invitacións para o primeiro pase que terá lugar mañá ás 19.30 h, un concerto no que a mítica agrupación galega presentará as cancións do seu novo disco Vieiras e vieiros, historias de peregrinos.

 

Todos os interesados en acudir ao concerto deberán recoller as súas entradas no Robert´s Café ou no Café Restaurante Andalucía e presentarse media hora antes do evento no escenario situado na Praza do Concello onde haberá habilitada unha carpa en previsión de que poida chover á hora do concerto.

 

Por outra banda, estanse a despachar as últimas invitacións para o concerto de María do Ceo que terá lugar o sábado ás 22.15 h. As da Banda Municipal xa están todas repartidas.

 

Lembrar tamén que mañá ás 13.00 h terá lugar o concerto que os alumnos de piano da escola Musikenos ofrecerán na praza do Mercado. Ás 20.00 h está previsto o concerto das Apertas de Magín Blanco tamén na praza do Mercado.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta