QRServe en A Estrada

A Concellaría de Promoción Económica dirixida por Óscar Durán e a Concellaría de Turismo dirixida por Óscar Rancaño, impulsan a plataforma QRServe, deseñada por Monster Studio. Esta plataforma web está destinada á oferta gastronómica e de aloxamento da vila. Cun deseño sinxelo e funcional, agrupa as cartas dos locais estradenses, para que
os clientes poidan acceder a elas de maneira inmediata mediante un código QR colocado en cada mesa. Con este servizo, preténdese dar cumprimento aos protocolos derivados da actual crise sanitaria que imposibilitan a utilización das clásicas cartas dos menús en papel.

Asimesmo, con esta plataforma preténdese agrupar a oferta de todos os locais estradenses nunha mesma páxina web para que tanto a veciñanza como os visitantes estean informados das posibilidades que existen tanto á hora de pedir comida a domicilio, recollela no local ou acudir directamente a degustala no restaurante.

Este servizo será de balde durante o primeiro ano, para os locais adheridos á Asociación de Hosteleiros, así como á Asociación de Turismo Rural Mar de Compostela.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta