Xosé Luna presenta o seu libro A Estrada Románica

Este vai ser o primeiro acto no que Edicións Fervenza leve a cabo a presentación dun libro despois do confinamento provocado pola alarma sanitaria.

 

Polas circunstancias xa coñecidas por todos, este acto vai estar condicionado polas medidas necesarias e imprescindibles para que se fagan respectar as distancias de seguridade, así como a utilización de máscara, filas de entrada e saída dos asistentes, xel para lavado de máns, etc. para tratar de protexer a saúde de todas as persoas asistentes.

 

Prégase que o público se achegue 30 minutos antes do comezo do acto. A Entrada é libre ata completar o aforo.

 

Estes protocolos de seguridade van estar supervisados pola empresa Dobeat, sl según o plan enviado pola empresa Taprega.

 

Por todo o mencionado, pregamos que todas as persoas asistentes colaboren coas persoas da organización.

 

 

Acto

 

O autor estará acompañado pola escritora e poeta, Rosalía Morlán; a directora do CEIP do Foxo, Rosa Ferreira; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García e polo alcalde do Concello da Estrada, Xosé López.

Contarase coa actuación musical da agrupación Lume na Lareira.

 

 

A obra

 

Entre a grande cantidade de bens de interese cultural que existen nas parroquias que forman o concello da Estrada sobresae, tanto pola calidade como pola cantidade, a súa arte románica.

 

O románico é a arte que mellor nos define como estradenses e como galegos; as parroquias do concello da Estrada son —falando en termos industriais—, unhas das máis grandes fábricas de arte románica de Galicia.

Neste libro pódense descubrir o traballo que os mestres canteiros esculpiron en distintas parroquias estradenses, Moreira, Ouzande, Tabeirós, Lagartóns… auténticas xoias románicas cunha importancia estraordinaria.

Os beneficios de percorrer A Estrada Románica serían en primeiro lugar: coñecer, de primeira man, a historia dos nosos devanceiros, a nosa propia historia; e en segundo lugar: ter a oportunidade de poder «vender» as nosas igrexas como un ben de consumo cultural.

 

O obxectivo deste traballo é o de divulgar a orixinalidade, a calidade e a grande cantidade de igrexas románicas existentes no concello da Estrada; para elo botamos man das obras dun grande elenco de especialistas: Bango Torviso, Bouza Brey, Neira Baloira, Hipólito de Sá…

 

 

Colaboraron na publicación

 

Neste traballo contouse coa aportación fotográfica de, Marcos Míguez, Patricia Figueiras e Xoán Carlos Garrido. A revisión do texto estivo a cargo de Soraya Suárez.

Tamén se contou coa colaboración da secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e do Concello da Estrada.

 

 

Xosé Luna

 

Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, activista cultural. Licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Mestre no CEIP do Foxo.

 

Autor dos poemarios Memorias do Cairo (Premio Valina Valladares, Ed. Fervenza, 2003); A marcial Valladares (Fundacion Cultural da Estrada, 2004); Stradapop (Librería Ler, 2005); Sol rebulideiro (Técncicas & Gramaxe, 2012); O libro dos bicos ( Ed. Embora, 2014); A Estrada da Vida (Ed. Artesón Produccións, 2018) poemas musicados polo cantautor Manoele de Felisa.

 

Como narrador ten publicado As cometas da vida (Premio Roberto Blanco Torres, 1999); O ano das mimosas (Ed. Fervenza, 2000); O último tango da noite (Ed. Concello de Lalín, 2001); 90 Cousiñas (Técnicas & Gramaxe, 2006); Da literatura e outras cousiñas (Ed. Embora, 2016).

 

Como ensaista dá a luz os títulos: A Estrada Románica (Ed. Fouce, 1999); Manuel Daniel Varela Buxán. O patriarca do Teatro Galego (Seminario de Estudios do Deza, 2000); Onde o sol facheaba ao amañecer: vida e obra da Cantautora da Ulla Avelina Valladares (Ed. Fouce, 2003); Manuel Valladares Núñez Cantigueiro popular (Fundación Cultural da Estrada); No Pazo de Laiovento, Conversas con Francisco Pillado Maior (Espiral Maior, 2007); Manuel Daniel Varela Buxán (Ed. Xerais, 2008).

 

O seu traballo foi recoñecido con distintos premio e distincions, entre outros, «Premio Roberto Blanco Torres», «Premio Avelina Valladares» de Poesía, «Premio Manuel Reimóndez Portela» de xornalismo.

 

O 9 de maio de 2009 inaugurouse a Biblioteca «Xosé Luna» promovida pola Asociacion Deportivo e Cultural da parroquia estradense de Guimarei.

Compárteo!

Deja una respuesta