A nova playa fluvial do río Ulla abriu este fin de semana

A nova playa fluvial do río Ulla abriu este fin de semana ao público en virtude dun convenio entre o Concello da Estrada e a Sociedade Deportiva Río Ulla, xa que ata o de agora o areal tiña o acceso restrinxido para socios e socias. Así, o sábado abreu as súas portas e a resposta dos cidadáns non se fixo esperar, e inauguraron este espazo que xa é unha alternativa e competidora das praias da costa, que xa non teñen que desprazarse para darse un baño e tumbarse na area.

A nova praia fluvial estará aberta ao público todos os días pola tarde e, en fin de semana, o seu horario será de 11.00 a 21.00 horas.

O Concello encargouse de poñer a punto este novo espazo de ocio nos últimos días. Así, mellorouse o entorno e un reforzo das comportas permitiu encher a zona de baño que estará vixiada en todo momento por un socorrista.

Compárteo!

Deja una respuesta