O BNG COMPROBA CON VECIÑAS E VECIÑOS DE GUIMAREI O PÉSIMO ESTADO NO QUE SE ATOPAN DÚAS VÍAS DE COMUNICACIÓN DESTA PARROQUIA.

 
No día de onte a voceira do BNG, Susana Camba, acompañada por veciñas e veciños quixo comprobar in situ o estado no que se atopan dúas vías de comunicación da parroquia de Guimarei : unha, a travesía que discorre desde a recta dos Bolos ata a provincial da Estrada a Forcarei por Vinseiro e a outra a que enlaza o núcleo da Costa coa Avda da Torre.
 

A primeira cumpre desde hai uns anos unha solución alternativa, aínda que deficiente, para dirixirse a Cereixo, Vinseiro ou Guimarei, se se circula pola 640 no sentido Lalín – A Estrada.

O BNG insiste en que a solución pasa por que o goberno municipal do PP se deixe de facer promesas e promesas de vía alternativa que nunca fai e traballe en firme diante das Administracións titulares da 640 e da P0 de Vinseiro, sexan da cor política que sexa, para que tanto Fomento como a Deputación respecten á veciñanza destas parroquias solucionando este problema, que para iso pagan impostos.
 

Mentres tanto o que ten que facer o Sr. López é responsabilizarse do mantemento das infraestruturas da súa competencia, sobre todo se, coma neste caso, son de uso imprescindible.

O caso da vía da Costa á Torre é tamén un botón de mostra do abandono do actual goberno. É un vial basta transitado pero con un mantemento case nulo.
 
O BNG no nome da veciñanza unha vez mais, esíxelle ao sd. López e o seu goberno que por responsabilidade pública, por xustiza comparativa e por obriga de goberno, arranxe xa dunha vez este estado de cousas.
 

Tampouco se esquece o BNG que hai unha veciña que para acceder á súa casa   por unha vía pública, ten que facelo pouco menos que a nado cando ven o tempo de chuvias.

Tamén este caso está agardando unha solución hai anos.
 

O BNG lémbralle, Sr. López, que todos os veciños e veciñas deberían ser iguais diante da xestión xa que tamén o son diante do pago de impostos.

Compárteo!

Deja una respuesta