LÓPEZ BUENO CONSIDERA “RAQUÍTICO” O PLAN REACTIVA A ESTRADA

 

O PSOE da Estrada critica con dureza o Plan Reactiva A
Estrada que pretende aprobar o Goberno municipal. Para Luis López
Bueno afirma que o alcalde “incumpriu os acordos aos que chegara coa
oposición” e considera o que o proxecto é “raquítico”.
O Plan que pretende aprobar o Goberno propón cambiar de destino
452.000 euros que non se van a executar por causa da crise sanitaria, e
que serán reubicados en partidas como o Canon para o pago do aluguer
da Praia Fluvial á Sociedade Deportiva Río Ulla (25.000 euros) e á
liquidación da reforma da alameda (113.000).
López Bueno explica que “durante o estado de alarma viñamos mantendo
reunións periódicas nas que se pactara unha negociación sobre as
posibilidades que ofrecía o orzamento para dotar medidas económicas e
sociais, pero o goberno decidiu levar a comisión unha nova organización
do orzamento sen consensuar a proposta”. Tamén afirma que o desplante
do PP “é unha práctica habitual” e critica que “ao final quen padece as
consecuencias son os veciños”.
O voceiro socialista móstrase moi crítico co proxecto do PP, asegura que
“o único que se vai facer é mover cartos que non se gastaron durante a
pandemia, como os gastos da Festa do Salmón, por exemplo”. Para o
voceiro é insuficiente, “habería que entrar máis a fondo, hai partidas que
quedan sen executar todos os anos e permitirían máis accións de política
social e iniciativas de carácter económico”.
López Bueno afirmara en maio que a mobilización de recursos que faría o
Goberno para combater o Coronavirus sería de “como moito” 500.000
euros, moi lonxe dos 4 millóns que prometía López Campos. O líder
socialista acertou de pleno, “nesta modificación do orzamento cambian de
sitio 452.000 euros, e co apelido Covid tan só hai partidas por 210.000.
Se sumamos os 300.000 euros que afirmara gastar o Goberno a finais de
maio, temos a suma dese medio millón”.
O líder da oposición pregúntalle ao Goberno “onde están os 4 millóns?” e
recrimina a “actitude mentireira” do alcalde e os seus concelleiros. “Non é
serio facer declaracións coma esas sen que a algún lle caia a cara de
vergoña”. López Bueno valora que “3,5 millóns que o PP contaba como
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
PSOE de A Estrada Prolongación da R/ Castelao 16, baixo 986 57 19 91
mobilización xa estaban comprometidos para a Praza da Feira, Praia
Fluvial, e 1,6 millóns do Plan Concellos da Deputación”.
O voceiro acusa ao goberno local de ser “incapaz de sacar adiante
ningunha medida económica nin de política social” e esixe que o Goberno
debata en comisión as propostas do Grupo Municipal Socialista “que levan
meses metidas nun caixón da Secretaría do Concello”. Tamén pensa que
López Campos intenta “despistar” aos veciños e pídelle que “deixe de
xogar ao escondite e teña un debate serio”.
O socialista considera que as modificacións de crédito que se están do
Plan Reactiva son “unha estratexia do PP para raptar o orzamento do
control da oposición” e critica que “se o goberno da Estrada é incapaz de
sacar adiante un orzamento cando ten maioría absoluta, deberemos
pensar seriamente que lles podemos esixir”. Sentencia que “non podemos
pedirlle unha boa xestión a un equipo de goberno coma ese”.
Na comisión de facenda do pasado luns o Concelleiro Alberto Blanco
afirmou que parte da culpa de non ter orzamento para 2020 era da crise
da Covid. López Bueno afeoulle o xesto, que cre “impropio dun concelleiro
que se queira dicir rigoroso” e achácalle toda a responsabilidade á
“incapacidade” do grupo de goberno.
López Bueno opina que “fronte a unha crise sanitaria, as medidas estrela
do PP da Estrada son abrir a praia fluvial e organizar as festas do San
Paio” e chama á responsabilidade “dos poucos concelleiros populares que
se salvan” para intentar cambiar o rumbo “dun goberno que nos está
conducindo cara un desastre”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta