“Na Estrada faite ver”

 

O Concello da Estrada tiña programado antes do
confinamento polo COVID19, poñer en marcha o programa de
seguridade viaria “Na Estrada faite ver”, que debido a situación
existente non se puido levar a cabo.
Agora lanzamos esta campaña de concienciación e sensibilización
consta de dous programas: a entrega de chalecos reflectantes e a
entrega de información básica para transitar ou desprazarse pola
estrada con seguridade.
O programa repartirá de 500 chalecos reflectantes para todos
aqueles veciños que así o soliciten ata esgotar existencias, para
facer máis visibles aos peóns e deportistas nas estradas e fomentar
a seguridade viaria reforzando a sensibilización e a concienciación,
sobre todo, dos usuarios máis vulnerables nas estradas: peóns e
ciclistas. Os clubs deportivos de ciclismo e de atletismo locais
recibirán os seus chalecos e información de como transitar xa sexa
andando en bicicleta, realizando carreira ou camiñando pola
estrada. Estes desprazamentos deben de ir acompañados de
condutas responsables por parte dos cidadáns, polo que fai falta
respectar as normas de circulación, velar pola propia seguridade e
pola dos demais..
Asimesmo, con estas pezas que se van a distribuir, é posible
previr e evitar atropelos. No Concello da Estrada con moitos
núcleos rurais, é importante que os veciños, se familiaricen co uso
desta peza que pode salvar vidas facendo uso dela cada vez que se
transite pola beira dunha estrada.
Os chalecos deben de recollerse en A Estrada Deporte, no
cuarto andar do Concello. So se poderán recoller como máximo
dous chalecos por persoa, e estarán dispoñibles ata esgotar
existencias.

NORMAS CIRCULACIÓN CICLISTAS.
1.Pola calzada utiliza sempre o carril da dereita.
2.Respecta a prioridade nos pasos de peóns. E se é necesario
báixate da bicicleta.
3. Respecta os semáforos e sinais. As normas de circulación son
cousa de todos.
4. Utiliza o casco nas vías interurbanas. Se es menor de 16 anos,
sempre que uses a bicicleta.
5. Mantén sempre polo menos 1 metro de distancia. Ao achegarte a
un peón se compartes zonas.
6. O ciclista ten prioridade de paso no carril bici por un paso. Para
ciclista e polas beiravías debidamente sinalizadas.
7. Se vas en grupo podes circular en columna de dúas. Agás se hai
tráfico complicado de que deberías circular en ringleira de un.
8. Circula sen auriculares.
9. Na bicicleta permítese: Levar un pasaxeiro menor de 7 anos
sempre que o asento sexa homologado e o condutor sexa maior de
idade.
10. Faite ver: Ao circular pola noite leva a iluminación obrigatoria.
Na parte dianteira, luz de posición branca. E na parte posterior, luz
de posición vermella e catadióptrico vermello.
11. Antes de iniciar a marcha: ou de incorporarte á circulación
comproba que non se achegan outros vehículos.
12. Sinaliza sempre os teus movementos: Xiro á dereita ou
esquerda: co brazo en posición horizontal e a palma da man
estendida cara abaixo se o xiro vai ser cara ao lado que a man
indica, ou dobrado cara arriba en ángulo recto se vai virar cara ao
lado contrario.
13. Parada: Hai que indicalo movendo o brazo alternativamente de
arriba a abaixo, con movementos curtos e rápidos.
NORMAS CIRCULACIÓN PEÓNS
1. As estradas permítennos trasladarnos dun lugar a outro con
facilidade. Pero camiñar por elas pode ser perigoso, xa que os
vehículos circulan a maior a maior velocidade que nas poboacións e
é máis difícil calcular a distancia. Por iso cando nos desprazamos a
pé, debemos ter moito máis coidado para facelo con seguridade e
para non entorpecer aos vehículos que circulan por elas.
2. DÉBESE CAMIÑAR POLA ESQUERDA no sentido da marcha, o
máis afastado posible do borde da estrada. Así se verá mellor aos
vehículos que vén de fronte, salvo que houbese algunha razón que
fixese máis seguro camiñar pola dereita (non existencia de beiravía
á esquerda e si á dereita, existencia dun precipicio á esquerda, ou
algún outro perigo que o xustifique, etc.)
3. SE SE VAI EN GRUPO circular un detrás doutro, ou sexa, EN
RINGLEIRA.
4. SE SE NECESITA CRUZAR DUN LADO A OUTRO, é necesario
poñer moita atención, xa que aquí os vehículos circulan a maior
velocidade e para os nenos pequenos e persoas de idade pode ser
un pouco complicado calcular a distancia. En caso de dúbida É
MELLOR ESPERAR. Con todo, se se necesita cruzar: facelo
sempre polo sitio máis seguro, comprobando que se ve ben aos
vehículos que circulan e que os seus condutores pódennos ver a
nós.
5. Se chovese, nevase, existise néboa ou fume, é preciso poñer
especial coidado, pois a VISIBILIDADE para os condutores e tamén
para os peóns, é peor. Lembrar, que na estrada a circulación pode
ser ambos os sentidos. Chaleco reflectante e en casos extremos
lanterna, procurando vestir roupas de cor clara para ser o máis
visibles posible para os condutores .

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta