O PSOE APLAUDE A NOVA RESIDENCIA E INSTA A LÓPEZ CAMPOS A CONSEGUIR UNHA “DE INICIATIVA PÚBLICA”

O PSOE valora como “unha boa nova” a chegada da
Residencia Amboage á Estrada “por varios motivos”. Para Luis López Bueno,
“hai tres elementos que nos fan apoiar a nova residencia: cubre unha parte
da demanda de prazas en residencias de maiores, xerará emprego e
dinamización económica, e será construída por unha empresa local”.
O voceiro socialista opina que “estas 120 prazas novas son 3 veces máis
das que hai dispoñibles agora, é un salto moi importante” e valora
positivamente que o Concello busque acordos para conseguir prazas
concertadas e traer aos maiores da Estrada para ao novo centro, aínda que
considera que o aumento de prazas “non será suficiente, é un salto
importante pero débense crear máis aínda”.
López Bueno tamén pensa que López Campos peca de “afán de
protagonismo” e non se explica unha presentación tan “politizada”. “Trátase
dunha iniciativa privada: hai unha empresa protagonista que explotará a
residencia, hai unha promotora – construtora local que vai facer realidade
as instalacións, e o Concello unicamente apoia pero sen un papel moi
concreto. De momento, o seu mérito é pouco”.
O líder socialista aféalle ao Goberno local que intente sacar rendemento das
promocións privadas, “igual que pasa co proxecto de Bogaris e Mercadona.
O traballo do Concello neses proxectos é técnico e administrativo, e teno
que facer porque está obrigado. Non se trata de iniciativas públicas do
Goberno local, o mérito téñeno as empresas que van a desenvolver os
proxectos”.
López Bueno tamén lamenta que “o goberno local fora totalmente opaco” e
non informara deste proxecto “a pesar dos rumores que corrían”. Cre que a
aportación do grupo municipal socialista podía ser “de grande axuda”
porque “neste tipo de iniciativas é sinxelo achegar ideas e chegar a
acordos”.
Tamén pensa que “as promesas de López Campos deben seguir en pé”, cre
que a chegada dunha residencia de carácter privado ou concertado “non
debe ser obstáculo para que a Xunta cumpra coa Estrada” e por iso conmina
ao alcalde a “conseguir unha residencia de iniciativa pública” recordando
que ademais “é un asunto que xa foi apoiado polo Parlamento de Galicia no
2018”.
O voceiro socialista destaca que “os servizos públicos que si xestiona o
Concello están nun estado lamentable”, como acontece cos desbroces, o
mantemento de viais municipais ou a traída de Codeseda, “a pesar das

Agrupación Socialista da Estradaexplicacións sobre as piscinas e os enganches ilegais, o servizo continúa
fallando”. Parécelle “pouco serio” buscar culpables imaxinarios porque “se o
servizo é deficiente os problemas acábanse reproducindo”. Os socialistas
preguntarán pola nova carestía de auga en Codeseda no vindeiro pleno
“para ver que excusa hai agora”.

Compárteo!

Deja una respuesta