O PSOE CHAMA Á CONVOCATORIA DUNHA REUNIÓN VECIÑAL PARA RESOLVER OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA NA RÚA FERMÍN BOUZA BREY

O PSOE está preocupado polos problemas de convivencia
que se veñen producindo nas últimas semanas na rúa Fermín Bouza Brey.
López Bueno explica que “non se trata dun problema xeral, é unha
unidade de convivencia” e que os problemas derivan de “ruídos ata altas
horas da madrugada, uso da máscara, vertidos na rúa…”.
López Bueno asegura que “os ánimos entre os veciños están moi
crispados” e considera fundamental intentar unha negociación cos
inquilinos para “buscar unha solución acordada antes de que se enquisten
máis os problemas persoais”. Para iso, o propio voceiro municipal ofrécese
como mediador e intentar “acordar unha solución duradeira” a pesar de
que agora mesmo as circunstancias para falar non son as mellores.
O voceiro socialista valora os esforzos que fixeron os veciños por resolver
a situación e responsabiliza ao goberno local de poñerse de perfil neste
asunto, “non escoitamos ao alcalde falar destes problemas de
convivencia”. Ademais, considera que se existira vixilancia nocturna sería
máis complicado que se produciran este tipo de comportamentos,
responsabilizando ao goberno municipal da supresión da quenda de noite
“faltan policías locais para asumir ese turno e as súas condicións laborais
son das peores de Galicia”.
López Bueno tamén cre que o goberno municipal debe buscar apoio
puntual para resolver estes problemas “o teléfono da Subdelegada do
Goberno sempre está aberto para facerlle solicitudes, o alcalde podería
pedir vixilancia da Garda Civil ou da Policía Nacional de forma puntual,
como acontecía durante o estado de alarma” e asegura que “nin sequera a
Garda Civil recibiu comunicación de ningún tipo por parte do Concello”.
O líder socialista considera que se non hai acordo ou se se reiteran os
comportamentos incívicos si que se deben iniciar “actuacións máis
severas” e botar man de “todos os medios que ofrece a lei”. Aínda así, os
socialistas esperan que “non haxa que chegar tan lonxe”.

Compárteo!

Deja una respuesta