A XUNTA CONCEDE NOVAS AXUDAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE A SEIS CONCELLOS DA ÁREA DE PONTEVEDRA

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas axudas correspondente á segunda ampliación de crédito da convocatoria da Xunta para promover a igualdade entre os concellos galegos. Grazas a este segundo incremento, a Administración autonómica vén de conceder novas axudas a seis concellos da área. En concreto, recibirán financiamento para programas de conciliación A Estrada, Ribadumia, Tui, Ponte Caldelas e Vilanova de Arousa; e para promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero, Pontevedra e Ponte Caldelas. En total, case 66.000 euros máis en axudas para a área.

 

Dentro da colaboración fluída cos concellos, a Xunta ampliou en dúas ocasións a convocatoria para promover a igualdade, facendo especial fincapé nas axuda á conciliación, que son unha das máis demandadas.

 

En concreto, esta convocatoria de axudas conta con catro liñas: as xa mencionadas axudas á conciliación e á promoción da igualdade, que se suman ao financiamento dos Centros de Información á Muller (CIM) e á de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. A convocatoria está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

 

En total, tras as dúas ampliacións, na provincia resultaron beneficiarias destas axudas un total de 53 concellos cun orzamento de preto 1,6 millóns de euros euros.

 

Así, en toda a provincia reciben axudas á concilación 21 concellos: Cerdedo-Cotobade, Arbo, Cuntis, Pontecesures, Redondela, Silleda, Valga, Catoira, Neves, Meis, Vigo, Soutomaior, Forcarei, A Cañiza, A Estrada, Ribadumia, Tui, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Cangas e Moaña. Ademais, outros 23 reciben subvencións para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Cuntis, O Grove, A Guarda, Moaña, Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Soutomaior Tomiño, Tui, Vigo, Vilanova de Arousa, Ponte Caldelas,  Pontevedra, Gondomar, Mos e Pazos de Borbén). Tamén resultaron beneficiarios os 27 Centros de Información á Muller que hai na provincia. E, finalmente, 19 concellos da provincia (Cerdedo-Cotobade, Arbo, Campo Lameiro, Catoira, Covelo, Cuntis, A Guarda, Meis, Mondariz, Moraña, Mondariz-Balneario, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas, Pontecesures, Rodeiro, O Rosal e Silleda) recibiron axudas a través do programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade.

 

 

A Xunta destina en toda Galicia a esta convocatoria máis de 6,6 millóns de euros, o que supón 1,3 millóns de euros máis do que se investiu para este mesmo fin en 2019. Ademais, e tamén destinada aos concellos, a Xunta investiu este ano 1,4 millóns de euros nas axudas para o fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero, tamén ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Por tanto, a colaboración do Goberno galego cos concellos galegos ascende a 8 millóns de euros.

 

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta