Víctor Pousada é o novo responsábel local do BNG da Estrada

A militancia do BNG da Estrada elixiu o pasado sábado a Víctor Pousada López como no responsábel local da organización nacionalista, que substitúe a Tino Regueira que ocupou o cargo nos últimos tres anos.

Víctor Pousada ten 39 anos, formou parte da candidatura das pasadas municipais no posto número 5 e desde o inicio da súa militancia hai case unha década foi un militante activo, que formou parte do consello local da organización.

A organización nacionalista analizou tamén os resultados das eleccións Galegas do pasado 12 de xullo, que colocaron ao BNG como a segunda forza no noso concello en número de votos, e traballará nos vindeiros meses para transformar eses votos das Galegas en votos nas municipais para liderar o cambio político na Estrada.

Por outra parte o BNG poñerá en marcha unha serie de comisións de traballo nas que poderán participar militantes e simpatizantes. Estas comisión servirán para fortalecer o traballo municipal e incrementar o traballo social. As comisións de traballo son as seguintes: formación, patrimonio cultural e medioambiental, economía e facenda, vivenda e servizos sociais, sector primario e tecido produtivo, infraestruturas e desenvolvemento urbanístico (seguranza vial e saneamentos), feminismo, mocidade e comunicación

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta