O BNG insta ao goberno municipal a actuar xa sobre os restos da sobreira de Balboa

Susana Camba: “En febreiro pasado o pleno aprobou por unanimidade unha moción do BNG para rescatar a sobreira, desde aquela leva sete meses agardando á intemperie”

No pleno do mes de febreiro aprobábase por unanimidade unha moción do BNG para abrir un concurso de ideas para conservar os restos da sobreira de Balboa. Porén, “sete meses máis tarde alí sigue á intemperie”, afirma a concelleira do BNG, Susana Camba. “A pesar de aprobarse a moción por unanimidade o goberno municipal do PP nada fixo para conservar esta árbore de máis de 500 anos, para darlle unha segunda vida como elemento patrimonial de todos os veciños e veciñas”.

Desde o BNG instan ao concello a gardala a “actuar sobre este ben patrimonial e executar a moción aprobada en febreiro”. “Se non se actúa xa”, afirma a concelleira nacionalista, “corremos o risco que perdela para sempre podrecéndose á intemperie 500 anos da nosa historia”. “O lóxico sería rescatala e poñela a bo recaudo nun espazo seguro mentres non se inicia o concurso de ideas”, engadiu.

Susana Camba explicou que “noutros sitios, en idéntica situación, souberon manter vivo o legado de árbores singulares, como en Alsasua, Guernika ou mesmo Tomiño, e hoxe son unha atracción turística máis destes concellos”.
 

Compárteo!

Deja una respuesta