Arlit agasalla con 6.000 fundas de máscaras a todo o alumnado de Primaria de Deza e Tabeirós

 

 

 

A industria gráfica silledense Arlit Diseño e
Impresión entregou esta mañá a representantes municipais dos concellos das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes preto de 6.000 fundas
personalizables para máscaras cirúrxicas ao fin de que poidan agasallar con dúas unidades a cada un dos 2.700 alumnos/as de Primaria da zona.
O acto de entrega destas fundas tivo lugar nas instalacións de Arlit, no Parque Empresarial Área 33 de Silleda, e contou coa presenza do alcalde de Silleda,
Manuel Cuiña, e a concelleira Mónica González; a concelleira de Vila de Cruces Mireya Otero; o concelleiro lalinense Avelino Souto; a concelleira de Educación da Estrada, Amalia Goldar; o concelleiro de Rodeiro Rubén Quintá; e a concelleira de Educación de Dozón, Tiffany Silva. Os representantes dos concellos de Forcarei e Agolada non puideron asistir e recibirán as fundas nos vindeiros días por mensaxería.
“A idea de fabricar e comercializar estas fundas personalizables xurdiu hai pouco máis dunha semana, tras ver que o protocolo de instrucións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade establecía a obrigatoriedade para o alumnado a partires de Infantil de levar aos colexios unha segunda máscara de recambio e un estoxo específico para gardala”, explicou o xerente de Arlit, Alejandro Domato.
Desde entón, Arlit xa leva comercializado máis de 50.000 unidades en toda España.
Pola súa parte, en relación ao reparto altruísta das 6.000 fundas de máscaras entre os escolares dos 25 centros de Primaria de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, o socio adxunto á dirección de Arlit, Felipe Iglesias, asegurou que é “unha pequena contribución de Arlit para axudar ás familias da nosa zona máis cercana a que a adaptación ao novo escenario post Covid-19 non lles supoña gastos adicionais na
campaña da volta ao cole”. Neste senso, agradeceu a implicación dos concellos “para facilitar a loxística da distribución nos propios centros educativos”.
Liña de produtos anti Covid-19 Estas fundas personalizables para máscaras súmanse á liña específica de produtos
anti Covid-19 que Arlit Diseño e Impresión está a comercializar desde o comezo da pandemia: pantallas de protección facial, suxeita-máscaras, pantallas low cost, mamparas anticontaxio de vidro templado, mobiliario anti Covid-19, vinilos para sinalización en parede e solo, etc.
Acerca de Arlit Diseño e Impresión Arlit Diseño e Impresión é unha industria gráfica creada no ano 2016 como evolución doutro
proxecto empresarial con 20 anos de experiencia no sector das artes gráficas. Ubicada no Parque Empresarial Área 33 de Silleda, na actualidade conta cun equipo estable de 15 traballadores -entre empregados propios e colaboradores habituais- e aporta solucións integrais de impresión e deseño a medio cento de empresas de múltiples sectores como o
contract, retail, publicidade, eventos, etc

Compárteo!

Deja una respuesta