O departamento de emprego ven de asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a implantación dunha nova plataforma de apoio á cidadanía en materia de emprego, formación e emprendemento.

O Concello da Estrada a través do departamento de emprego ven de asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a implantación dunha nova plataforma de apoio á cidadanía
en materia de emprego, formación e emprendemento.
A plataforma XatEmpego reúne baixo ese dominio o acceso á toda a rede de Técnicos de Emprego de Galicia; recolle todas as axudas e subvencións convocadas pola Xunta de Galicia e outros
organismos; ten acceso á accións formativas e permite ás persoas que se suscriban á mesma recibir información sobre todas as novidades que teñan lugar neste sentido. As persoas interesadas xa se podes suscribir.
Alén disto dispón dun servizo de cita previa para que calquera persoa poida solicitar ser atendida por algún dos técnicos de emprego de toda Galicia e como non na Estrada.
A plataforma é de moi fácil acceso e moi intuitiva polo que calquera persoa se pode rexistrar con facilidade.
A sinatura deste convenio enmárcase dentro do reforzo que o Concello quere prestar á cidadanía en materia laboral e formativa. A administración local é a que máis preto se atopa da veciñanza, esa na que o veciño lle pon cara e nome á persoa que o atende e por iso se pretende facilitarlle as
cousas e máis nun momento como o actual, no que o emprego e a formación son un esencial.
Se ben, a pesares de que a plataforma permite pedir cita para ser atendidos polo departamento na modalidade en liña e presencial, desde o concello queremos deixar claro que se seguirá a primar
a atención presencial e que en particular para acudir o departamento de emprego non será necesario pedir cita previa.
Noutra orde, queremos destacar o papel que este departamento veu desempeñando desde a pandemia, o mesmo, operou durante o confinamento como un servizo esencial, axudando nos trámites que a veciñanza tiña que facer con outras administracións como o SEPE ou a Seguridade Social.
Desde o departamento inscribiase as persoas demandantes de emprego no servizo de emprego; cubrianse os formularios de pre-solicitude para ser atendidos telefónicamente e para tramitar as prestacións; tramitaronse as solicitudes do subsidio extraordinario para as persoas empregadas do
fogar; tramitouse o bono social para as persoas autónomas manténdose o servizo de trámite de bono social para persoas vulnerables e de axudas urxentes para evitar os cortes de subministración eléctrica. Prestabase información puntual e apoio na tramitación de todas as axudas que tanto a
nivel estatal como autonómico e local se foron implementando etc.
Alén disto, o departamento tramita as solicitudes de ingreso mínimo vital desde a súa convocatoria e as bolsas para estudos obrigatorios e postobrigatorios.
Cabe detacar que o departamento atende a diario a unha media de 10 persoas tanto presencial como telefónicamente e que se produxo un aumento na solicitude deste servizo inclusive por parte de persoas residentes noutros concellos.
A actividade diaria do departamento xira en torno ao portal de emprego “emprego.aestrada.gal e á páxina de facebok que ten asociada “emprego a estrada” a cal na actualidade supera os 10.100 seguimentos e ten un alcande pornmmedio de 56.436 persoas diarias, o cal nos enorgullece xa que
nos coloca en alcalce ao nivel dos servizos que se prestan nas grandes cidades.
Outros dos eixos fundamentais do departamento xira en torno á formación, polo que se manteñen as colaboracións coa Deputación de Pontevedra para a posta en marcha do Programa SmartPeme de apoio ás pemes e autónomos e emprendedores; acabamos de asinar un convenio de colaboración
coa Asociación Ciber Voluntarios para a posta en marcha de formacións gratuítas en todolos tramos de idade e estamos a traballar para solicitar ser entidade colaboradora no plan de Garantía Xuvenil.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta