A ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS ESTREA UNHA PEZA DE CHÉJOV

 

O venres 23 de outubro ás 21.00 h, a unidade de produción da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada estreará a peza de Antón Chéjov Sobre o mal que fai o tabaco, unha peza de acto único e en forma de monólogo, na que un personaxe comeza a dar unha conferencia sobre o dano que causa o tabaco e que remata nunha confesión da súa triste vida conxugal. Unha historia realista que se desenvolve entre o absurdo e a traxedia de quen ve frustrada a súa esperanza de felicidade.

 

Adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada polo actor Gonzalo Valcárcel, na peza participan tamén tres compoñentes do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, como son Juan Núñez, Pablo Bernárdez e Manuel Castedo.O proxecto está enmarcado dentro da serie das colaboracións didácticas que o alumnado da Escola está a facer con dramaturgos e directores de prestixio da escena galega; un proxecto que terá continuidade nos vindeiros anos e que trata de complementar a formación dos actores, formados no seo da escola estradense, medíndoo primeiramente con profesionais de prestixio e, posteriormente, co público.

 

Os convites poderán recollerse a partir do luns no departamento de Cultura do Concello. A capacidade da sala verase reducida por mor das restricións sanitarias.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta