Atalanta Madera e Maruxío presentan a súa colaboración “SuMaS”: unha iniciativa que aposta polos produtos de proximidade e a sostenibilidade

Tradición e innovación van da man nun proxecto que é quen de
xuntar a artesanía coa alimentación.
Un traballo que ten como resultado pezas únicas de serie limitada
e perdurables no tempo.

Nos próximos días verá a luz SuMaS a colaboración entre Atalanta Madera e Maruxío Terra e Sal. Ámbolos dous obradoiros uniron as súas forzas nun proxecto que rinde homenaxe ás nosas tradicións e aos produtos locais.
Propoñen uns conxuntos de agasallo que engloban pezas de madeira e galletas, fusionando así alimentación e artesanía.
O que fai a estes conxuntos tan especiais é que son produtos saudables e de proximidade,
presentados en envases elaborados con materiais respetuosos co medio ambiente e producidos en pequenas empresas locais dun xeito tradicional. Esto permite que tódolos componentes do pack teñan unha segunda vida e cumplan coa filosofía do residuo cero.
Nos próximos días os consumidores poderán adquirir dende un niño de  paxaro con galletas saborosas no seu interior e cuns lápices de sabugueiro para despois poder decoralo, ata unha peneira con pratos de madeira, galletas saudables e unha bolsa de algodón reutilizable todo elo envolto cunha rede do mar.
Son propostas fermosas, útiles e saborosas nas que sempre haberá unha opción vegana a escoller.
Os packs inclúen un barquiño ou unha “pajarita” de papel onde se explica o proxecto e se aportan ideas de reutilización para tódolos elementos que o compoñen. Os consumidores poderán compartir as súas propostas de reutilización nas redes sociais cos cancelos #eusumo, #eusumoniño e #eusumopeneira.
A colaboración SuMaS supón deixar de lado os produtos globalizados e o industrial e apostar de cheo polo local e a artesanía, poñendo en valor conceptos tan importantes coma a sostenibilidade, o saber facer, o respecto ás materias primas é ó medio ambiente.
O resultado é un produto con marca, prestixiado, con valor intrínseco e único que trata de respostar a unha demanda cansa da estandarización e que apreza e valora os produtos
diferenciados.
A través desta colaboración, Atalanta e Maruxío poñen en valor a artesanía como xermolo dun novo modelo empresarial que aposta polas cousas ben feitas. As impulsoras do proxecto encaran esta nova etapa con optimismo e ilusión convencidas de que a unión fai a forza e as sinerxias das dúas empresas traerán novas e fermosas aprendizaxes.
Atalanta Madera é unha marca que nace en Berres, A Estrada, en 1996, a partir dun obradoiro de torneiría de madeira que a familia Neira ten nesta parroquia dende fai máis de 200 anos. Nestes intres Isabel Neira é a sétima xeración ininterrompida de torneir@s e a única mulller en Galicia no oficio. Cunha tradición tan longa, xa se levan producido todo tipo de pezas: menaxe de cocina, torneados para mobles, lámparas….. Isabel e Ana
continúan o legado familiar, atrevéndose a explorar outras tendencias e dándolle un xiro á súa producción. Hoxe en día as súas pezas de menaxe gourmet non só se atopan nos restaurantes máis selectos de Galicia, senón que algunhas das pezas, están á venda en Londres, Escandinavia ou Xapón.
Maruxío Terra e Sal é unha firma estradense que irrumpe no mercado a finais de 2019 apostando polo seu proxecto como filosofía de vida . Este proxecto está liderado por María e Uxío, os seus nomes e as súas esencias, dan nome ao proxecto, Maruxío Terra e Sal, Uxío do mar e María terra adentro.Os seus rebolos (así se chaman as súas galletas) xa se
venden en moitas tendas ecoloxicas e gourmet. Son galletas elaboradas artesanalmente onde incluso moen a súa propia fariña e os ingredientes son de cultivos sostibles . O obradoiro ubícase en Casa Terra de Rebolos onde proponen experiencias, cursos de saude e un aloxamento para atoparse e descansar

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta