O programa Cine no Camiño trae á Estrada O QUE ARDE

O programa de dinamización lingüística FalaRedes e o Servizo de
Normalización Lingüístico do Concello da Estrada, en colaboración con
Minicines Central, programarán dous pases do filme O que arde o vindeiro
venres día 13 de novembro. Un evento enmarcado dentro do programa CINE.
NO CAMIÑO posto en marcha polo Xacobeo e a Xunta de Galicia.
Galardoada con dous Premios Goya e preseleccionada aos Óscar, o filme
de Oliver Laxe visita a Estrada despois de converterse nunha das
longametraxes máis aplaudidas do ano. Todos os interesados en vela
deberán recoller a súa invitación no departamento de Cultura do Concello a
partir do luns día 9 de novembro.
Os pases terán lugar nunha sala de Minicines Central ás 18.30 h e ás 20.30
h, respectivamente. Só haberá 70 convites dispoñibles por mor do protocolo
sanitario, 35 para cada pase.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta