O CONCELLO DA ESTRADA CANCELA A GALA DO DEPORTE ESTRADENSE 2020

O Concello da Estrada, por medio da Concellaría de Deportes, Novas
Tecnoloxías e Participación Cidadá, informa que se suspende a IV Gala do Deporte
do Concello da Estrada, que debera celebrarse este vindeiro mes de decembro, polo
que non haberá festa do deporte estradense este ano 2020.
A nivel deportivo, coa suspensión das actividades deportivas e das distintas
competicións, a tempada 2020 non se puido completar, motivando un paro mínimo
seis meses en todas as modalidades, tanto en deportes colectivos coma individuais,


que obrigou a cancelar a maioría das actividades.
Debido a isto, a organización da IV Gala do Deporte Concello da Estrada,
considera que, nesta situación e baixo estas circunstancias, non se pode realizar unha
valoración obxectiva cos mesmos criterios dos obxectivos acadados por deportistas e
clubs, xa que os condicionantes de cada un para realizar á actividade, alteraron o seu
normal desenvolvemento, por múltiples factores. Isto impediu que o xurado desta gala
puidese realizar as súas propostas de forma equitativa e razoable.
A maiores, na situación actual, as restricións impostas polas autoridades
sanitarias aos espazos culturais, non nos permiten habilitar o Teatro Principal para a
realización desta gala. Así pois, comunicamos a súa supresión, e emprazamos os
estradenses á edición 2021.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta