A Banda da Loba e Vagalumes galardoados co Premio San Martiño de Normalización Lingüística

Premio San Martiño á difusión da lingua galega na comarca Tabeirós-Terra de Montes á Asociación Cultural Vagalumes.

 

 N0 día de hoxe no teatro Principal de A Estrada o alcalde José López Campos acompañado de Iván Sanmartin como menbro do xurado fan entrega dos premios San Martiño 2020.

A concesión a Vagalumes baséase no longo percorrido da asociación no desenvolvemento e fomento da lingua galega, desde o ano 2009 ata a actualidade, promovendo conferencias, coloquios, mesas redondas, proxeccións audiovisuais, teatro, publicacións de libros e  homenaxes  (como o derradeiro co gallo da conmemoración do centenario do Emigrado 1920-2020), en prol da normalización, defensa é difusión da nosa lingua.

 

Premio San Martiño á difusión lingüística no ámbito galego

 

A Banda da Loba pasa por ser na actualidade, despois tan só de dous traballos discográficos, Bailando as rúas (2017) e A Fábrica da luz (2019), unha das voces máis frescas e renovadoras do panorama musical galego. Caracterizadas no aspecto creativo polo seu eclecticismo, aunando a tradición con ritmos como o pop, o reggae ou o ska; a súa identidade coma banda aséntase nunha defensa firme da muller, a terra e a lingua. Neste senso, a banda ten musicado poemas de autores coma Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Rosalía de Castro.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta