O XURADO DO PREMIO XORNALÍSTICO MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA, VEN DE FALLAR A XXV EDICIÓN DESTE GALARDÓN.

O día 10 de novembro do ano en curso, reuníronse telemáticamente, os
membros correspondentes ao xurado cualificador encargados de fallar a XXV
edición do “Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela”.
O xurado presidido por D. Juan Manuel Constenla Carbón, estivo
composto por Dna . Victoria Reimóndez Sanmartín, Dna. Mª. Del Carmen
Vieitez Conde, D. Enrique Otero Fernández e D. Juan Andrés Fernández
Castro, exercendo de secretario, D. José Manuel Bouzas Blanco.
O xurado cualificador, agradece a participación e destaca a
variedade e calidade dos traballos presentados a concurso. Concurriron a
esta edición un total de vinte artigos, pertencentes a un total de sete
autores.
O premio desta Edición recaeu por unanimidade nunha serie de
cinco artigos, “A xeito de mensaxe aventado”, “O bosque: Espello de
algoritmos””, “Unha língua de bandeira”, “Os invencibles amores do cuco”,
“Festina lente no tempo adiado”, da autoría de D. Pedro Rielo Lamela que
foron publicados no suplemento semanal A Revista, do Diario de
Pontevedra, baixo o título xenérico de “Crónicas no faiado”.
O xurado destacou a actualidade e trascendencia dos temas elixidos —a
denuncia dos maltratos ás mulleres, a reivindicación da lingua galega, o
respecto á natureza ou a vida en plenitude—así como o estilo coidado dos
seus escritos e a voz íntima e persoal, impregnada de lirismo, coa que neles se
expresa o autor.

O acto de entrega do premio terá lugar o vindeiro mes de
decembro. Por mor da Covid-19 farase a entrega cumprindo coas medidas
de seguridade establecidas e cancelando a asistencia de público.
A entrega de galardóns contará coa presencia do Alcalde estradense, un
representante da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Concelleiro de
Cultura, un representante do Comité de Seguimento do galardón, o gañador da
presente edición e médios de comunicación.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta