O PSOE PÍDELLE EXPLICACIÓNS AO GOBERNO DO PP POLA PERDA DO OBRADOIRO DE EMPREGO POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO

O PSOE da Estrada denuncia a perda do obradoiro de
emprego por segundo ano consecutivo. Unha vez publicados os obradoiros
concedidos, A Estrada non está entre os Concellos que contarán cos talleres
duais de emprego, que representan 30 postos de traballo a disposición do
Concello.
Luis López Bueno considera que a perda do obradoiro reflexa a
“incompetencia” do goberno do PP, ao que considera máis centrado en
gastar millóns de euros nas súas obras faraónicas e improdutivas que no
pan dos veciños e veciñas. “Ao alcalde só lle importan IDOM e as
construtoras de fóra que lle fan as obras, o resto tanto lle ten” afirma López
Bueno.
O líder socialista remarca que coa perda deste obradoiro xa van dilapidados
60 postos de traballo. Ademais diso, as brigadas que se conformaban
“facían actuacións para todos os veciños e veciñas”. Ve “inexplicable” que o
goberno local anunciara en agosto de 2019 que solicitaría o obradoiro de
cara a 2020-2021, pero que finalmente o PP fixera gala da súa “inutilidade
política”, co resultado que se fixo público onte.
O voceiro considera que esta nova “é a peor posible neste momento”
porque moitos veciños e veciñas estaban esperando a que se puxera en
marcha esta ferramenta para acceder a un posto de traballo e aprender un
oficio. Opina tamén que López Campos debe dar explicacións sobre as
razóns polas que A Estrada non recupera o obradoiro “en contra dos seus
propios anuncios”.
Tamén considera o PSOE que a política de emprego municipal é
“inexistente”, e para mostra están os orzamentos de 2021, nos que as
partidas de promoción de emprego non suben. López Bueno califica que
“insultante” que o Concello non realice un esforzo para fomentar a
empregabilidade dos traballadores, e máis mentres transitamos pola “peor
crise económica da historia”.
Ademais valoran negativamente que o goberno do PP non siga o exemplo
doutros Concellos que si se preocupan pola situación dos seus veciños e
veciñas, incluíndo entre os servizos que prestan novas ferramentas de
acceso a emprego e mellora dos perfís profesionais.
https://emprego.xunta.gal/portal/es/11-demandantes/demandantessp/503-talleres-duales-de-empleo.html

Compárteo!

Deja una respuesta