Defensoras de dereitos de Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua protagonizan unha exposoción fotográfica en A Estrada

 

As mulleres defensoras de Dereitos Humanos de Mesoamérica, a
rexión comprendida entre o sur de México e Costa Rica, son as protagonistas da segunda edición da iniciativa ‘Defensoras de Dereitos’ que este ano terá presencia en Gondomar, Pontevedra e A Estrada. As
súas historias de vida, o seu traballo en defensa dos dereitos das mulleres, das comunidades indíxenas, do territorio… son o fío condutor desta iniciativa impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora
Galega de ONGD en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos
Humanos (IM-Defensoras).
Hoxe inaugurouse en A Estrada #Defensoras Semillas de Cambio, unha exposición fotográfica que recolle os retratos e as historias de vida e acción política de 15 mulleres defensoras de dereitos Humanos de
Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua. As exposión conta co apoio da Asociación de Comerciantes de A Estrada e atópase nos escaparates de 10 comercios de Gondomar. O obxectivo desta
proposta é achegar as historias persoais e colectivas das activistas a prol da xustiza social ao máximo de persoas posible no actual contexto de restricións de movementos debido á COVID-19.
A exposición, que pode consultarse de xeito online na web galiciasolidaria.org, é unha adaptación da campaña de IM-Defensoras que, baixo o nome #Defensoras Semillas de Cambio, ten como obxectivo
homenaxear as máis de 2.000 defensoras de dereitos humanos articuladas en Mesoamérica arredor desta organización. Estudantes, xornalistas, labregas, sindicalistas, mestras, tecedoras, artistas, amas de casa…
No acto de inaguración, a portavoz da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, indicou que a exposición quere poñer en valor o traballo das defensoras. Visibilizalo e recoñecelo “porque a súa loita é a nosa”.
Lembrou que á pandemia da COVID-19 e ás crises económicas e políticas que vive a rexión, sumóuselle as últimas semanas as consecuencias dos furacáns Eta e Iota que afectou a máis de 6 millóns de persoas.

As consecuencias da pandemia nas vidas das defensoras
A irrupción da pandemia e a resposta que están a dar os gobernos de Mesoamérica á mesma está a impactar enormemente sobre as vidas e o labor das activistas. “A pesar de que o coronavirus agravou a
crise de dereitos humanos e a violencia estrutural que vive Mesoamérica desde hai siglos, os gobernos non
consideran esencial o traballo das defensoras”, aseguran dende IM-Defensoras.

Dende marzo, 8 de cada 10 defensoras víronse obrigadas a confinarse e a suspender a súa actividade de acompañamento presencial ás compañeiras e comunidades coas que traballan. Ademais, neste contexto, o
risco de sofrer violencia aumentou significativamente. Entre marzo e novembro de 2020, as alertas recibidas por IM-Defensoras incrementáronse un 123% respecto ao mesmo período do ano anterior. Se en
2019 foron 61, en 2020 chegan ás 136. Medraron as detencións arbitrarias, as campañas de desprestixio, a represión e a criminalización. Dende marzo, 10 defensoras mesoamericanas foron asasinadas.
Historias en forma de libro
Para dar a coñecer o risco que supón o traballo como defensoras de dereitos humanos e sensibilizar sobre as causas e consecuencias das situacións de desigualdade e pobreza que afectan ás súas vidas e aos países e
comunidades onde viven, publicaranse tres libros dirixidos a público xuvenil. Neles, contaranse as historia de vida e activismo de tres defensoras de Honduras, México e Guatemala. Os tres libros estarán escritos
pola marinense Lara Dopazo Ruibal, gañadora en 2020 do Premio Literario Illa Nova de Narrativa da Editorial Galaxia, e ilustrados pola deseñadora gráfica, Marta Conde.
As mulleres protagonistas dos libros serán:
Miriam Suazo (Honduras) conta cuha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos humanos.
Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e os movementos sociais o fondo de
emerxencia para a protección das persoas defensoras expostas a riscos inminentes debido ao seu labor.
Estela Ángeles Mondragón (México). Defensora dos dereitos territoriais do pobo rarámuri, comunidade indíxena do norte do país, durante más de dúas décadas.
María Magdalena Cuc Choc (Guatemala). Defensora do territorio e dos dereitos das mulleres indíxenas maya q’eqchi’. Apoia ás mulleres supervivientes de violencia de xénero e tamén ás comunidades que sofren
desaloxos violentos como consecuencia da usurpación de terras das empresas extractivistas e de monocultivo.
O 9 de decembro, organizarase un encontro online coas tres protagonistas dos libros para coñecer de primeira man, a través da súa testemuña, a realidade e os principais problemas que afectan aos seus países
e comunidades e a persecución e violencia que sofren por dedicar a súa vida a defender os dereitos humanos. O 17 de decembro terá lugar en Pontevedra a presentación do primeiro libro, protagonizado por
Miriam Suazo (lugar aínda pendente de confirmar).
Comercios participantes en A Estrada.
Os comercios de A Estrada que participan nesta exposición son: Catro Canciños (Rúa 24, 7), Copistería
Copistrada (Rúa Gradín, 48), Tiko Doco (Rúa San Antón, 8), Lugar del Vino (Rúa Ulla, 8), Regaliz Calzados
(Rúa Justo Martínez, 19), Luscofusco (Rúa Justo Martínez, 12), Moda infantil Ana Belén (Rúa Justo Martínez,
10), Federópticos Fondevila (Praza de Galicia, 12), Confecciones Loigar (Praza de Galicia, 11) e
Electrodomésticos Rey (Avda. América, 1)
Neste enlace>>> pódese acceder ao díptico informativo.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta