Manuel Pereira Valcárcel presenta o poemario Tomas falsas

O poeta estradense, afincado en Madrid, Manuel Pereira Valcárcel presentará
mañá martes, ás 20.00 h, na sala Mome da Estrada o seu novo poemario Tomas
falsas, ilustrado por Ana Cristina Lapiedra Argachal e editado por Medulia
Editorial.
O poemario é unha homenaxe á memoria cinematográfica, e emprega termos
desta arte como pretexto para reflexionar sobre a decepción, a falsidade e a
mentira. Fala de escenas que precisamos desbotar porque se corresponden con
lugares e momentos lesivos.
No evento participará, ademais do propio autor, a escritora Maite Dono. Haberá
tamén unha xeira de recitacións e unha sinatura de exemplares do libro ao remate
do acto.
A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. Haberá redución de
localidades por motivos de prevención sanitaria.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta