A recepción dos Reis Magos terá lugar no Teatro Principal

 

 

As inclemencias meteorolóxicas previstas para mañá mércores, provocan que a
recepción real que, en principio, ía ter lugar na praza do Concello, se translade ao
Teatro Principal, entre as 17.00 h e as 19.00 h.
O Teatro Principal contará cun circuíto de entrada e saída coa finalidade de evitar
aglomeracións nas súas instalacións. Os nenos e nenas non poderán contactar
cos Reis Magos en ningún momento e deberán acceder con máscara ao recinto,
procedendo, así mesmo, á limpeza de mans. Poderán deixarlles as cartas ás súas
maxestades, nunha caixa de correo habilitada polos paxes a pé de escenario.
O Concello prega a colaboración de toda a veciñanza, mantendo a distancia social
entre grupos e evitando posibles aglomeracións na contorna do Teatro Principal.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta