O escritor Xosé Lueiro e a ilustradora Sara Valcárcel visitan o Recreo Cultural



O Recreo Cultural da Estrada acolleu este luns un acto para toda a familia. O escritor estradense Xosé Lueiro, en compañía da ilustradora local Sara Valcárcel, achegou aos máis pequenos da vila as historias de Fazulas, O ladrón de paraugas. No acto, que tiña un aforo reducido en cumprimento da normativa COVID, e ao que só se podía acceder previa reserva, realizouse unha lectura dramatizada da historia. Ademais, coa participación de diferentes membros do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso e a interpretación do propio Lueiro, os asistentes tamén puideron gozar de música en directo.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta