A TARXETA BENVIDA PARA AS FAMILIAS CON FILLOS/AS NADOS, ADOPTADOS/AS OU DECLARADOS EN SITUACIÓN DE GARDA CON FINS ADOPTIVOS DURANTE O ANO 2022

No día de onte o DOG publicou a convocatoria de axudas económicas, a través da tarxeta Benvida,
para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados/as en situación de garda con
fins adoptivos no ano 2022
Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de
Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
a) Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022.
b) Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou
máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022.
Así mesmo, poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se
atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia
durante o ano 2022.
Igualmente, aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 € nas convocatorias
dos anos 2020 e 2021 e non accedesen á axuda no segundo ano de vida e ata o que o neno faga tres
anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da resolución nos supostos de adopción ou garda
con fins adoptivos por superar os ingresos previstos para iso, poderán beneficiarse na presente
convocatoria das contías previstas no artigo 4.2 no caso de experimentar unha variación á baixa da
renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.
Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a
razón de 100 €/mes.
No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade
familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a
aquel en que se produce o nacemento ou se dite a resolución administrativa ou xudicial para
os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.

O Concello da Estrada pon á disposición das persoas interesadas a unidade administrativa dos
Servizos Sociais do Concello da Estrada, onde lles botarán unha man. Para a resolución de dúbidas,
podes chamar ao teléfono: 986 677 696.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta