AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA

No día de hoxe o DOG publicou a convocatoria de axudas para evitar os cortes de subministración
eléctrica ás persoas vulnerables severas.
A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 300 €/ano, ou de 450
€/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as
correspondentes facturas á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
O requisito xeral para poder ser benefeciario/a é ter na factura da luz o desconto por bono social do
40% alén do informe que emitan os servizos sociais.
O ano pasado beneficaronse desta axuda máis de 50 familias na Estrada.
O Concello da Estrada pon á disposición das persoas interesadas un teléfono de contacto para
resolver calquera dúbida: 986 677 740 así como o departamento de emprego para a tramitación da
mesma, o cal antenderá sen necesidade de cita previa en horario de 9,00 a 14,00 horas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta