O CLUBE DE TENIS DO RECREO CULTURAL DA ESTRADA ABRE O 2022 CUN RÉCORD DE EQUIPOS EN COMPETICIÓN

O Clube de Tenis do Recreo Cultural da A Estrada emprende
con forza o 2022, sumando nesta fin de semana seis novos conxuntos á competición e acadando
o que constitúe para esta entidade estradense todo un récord de participación nas distintas
categorías. Deste xeito, o clube condensa neste ano natural un total de 19 equipos, se ben na
tempada que arranca neste mes de xaneiro conta con 14 formacións competindo en diferentes
niveis.
O Recreo Cultural confiou no verán de 2020 a dirección da súa escola de tenis ao
estradense Miguel Sánchez, xogador e adestrador cunha dilatada experiencia que, xunto con
Daniel Rivas, imparte clases de iniciación e competición a arredor de 120 alumnos de diferentes
idades. A entidade que preside Iago González Beceiro reforza neste ano a súa aposta polo tenis
coma unha das disciplinas deportivas máis consolidadas nunhas instalacións nas que practican
tódalas semanas 75 deportistas federados.
Dentro dos 14 equipos que compiten na presente tempada, o Recreo Cultural conta
cunha formación de benxamín masculino; dous equipos de alevíns (masculino e feminino); dous
infantís masculino (A e B) e un equipo infantil feminino; dous junior (ata os 18 anos, masculino
e feminino); catro en absoluto masculino, dos que tres xogan en fase previa (D, C e B, este último
coa intención de ascender este ano á Segunda División) e un Absoluto A, que aspira a ascender
á División de Prata. A esta categoría ascenderon na última tempada as xogadoras do equipo
absoluto feminino do RC. O clube conta tamén cun formación de veteranas +35 que tamén xoga
en fase previa.
O tenis vén sendo dende hai anos un emblema da práctica deportiva no seo desta
arraigada e numerosa sociedade da Estrada. A disciplina acada neste exercicio novas cotas de
participación e dá mostras da boa saúde do clube. Ao longo da vindeira fin de semana pasarán
polas instalacións do Recreo Cultural un total de 12 equipos, contribuíndo a xerar actividade e
movemento nunhas dependencias das que gozan ao redor de 500 familias socias. Xogarán na
casa seis equipos, contra rivais chegados á Estrada dende puntos como Vigo, Gondomar ou
Santiago.

Aos partidos que se disputan nas catro pistas de tenis -dúas delas cubertas-, engádese
dende hai relativamente pouco unha afección crecente polo pádel, disputándose ligas sociais e
torneos con numerosos binomios distribuídos en función da súa categoría. O tenis de mesa vén
tamén gañando cada vez máis afeccionados entre os socios desta entidade da Estrada, cun
equipo en competición e unha ducia de deportistas federados.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta