Rematadas as obras de mellora de Abastecemento de auga en Codeseda

Esta mañá, o concelleiro de Rural Juan Constenla visitou as obras de mellora do Abastecemento de auga na parroquia de Codeseda.

 

Na primeira actuación, procedeuse á colocación dun depósito de poliéster reforzado con fibra de vidro de 40.000 l e á instalación dun sistema de control de PH, dosificadores de cloro e un panel de control. Todo por un importe de 48.344,72€

 

A segunda actuación, que vén de rematar, consistiu nunha perforación dirixida a aumentar o caudal de captación. Actuación que arroxou un custo de 48.278,12€, e que vén a resolver a histórica escaseza de auga estival nesta parroquia estradense.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta